Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Románica, Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Adquirir os coñecementos básicos relativos á elaboración do libro, como soporte principal de transmisión da literatura, nas súas diversas épocas.
-Adquirir os conceptos básicos sobre o libro antigo.
-Adquirir os principios esenciais que rexen a elaboración dun códice.
-Coñecer as cuestións elementais relativas á difusión dos textos a través da imprenta e a súas características.
-Achegarse ao libro electrónico e ás súas peculiaridades.
-Introducirse na descrición dun códice medieval e dun volume impreso.
-Achegarse ás ferramentas informáticas que se aplican ao tratamento e difusión do libro.
-Achegarse á historia do libro e á evolución da súa significación social (centros de produción, consumo, lexislación, comercio, lectura...).
Tema 1. Disciplinas para o estudo e a recuperación do patrimonio textual (literario)
Tema 2.1 Manuscritos: soportes e materiais para escribir. 2.2. O códice. Características materiais. Análise codicolóxica
Tema 3. A invención da imprenta, a súa irradiación e evolución. O libro incunable. Características.
Tema 4. O libro dende o século XVI ao XXI. Evolución e características formais. O libro dixital.
Bibliografía básica
Agati, M. L. (2003), Il libro manoscritto. Introduzione alla codicologia, Roma: “L’Erma” di Bretschneider.
Avenoza, G.-Fernández Fernández, L.-Soriano Robles, L. (coords.) (2019), La producción del libro en la Edad Media: una visión interdisciplinar, Madrid: Sílex.
Carter, H. (1999), Orígenes de la tipografía. Punzones, matrices y tipos de imprenta (siglos XV-XVI), Madrid: Ollero&Ramos (1ª ed., en inglés, 1969).
Hamel, C. de (2019), Grandes manuscritos medievales, Barcelona-Madrid-México D. F.: Ático de los libros (1ª ed., en inglés, 2016).
Geldner, F. (1998), Manual de incunables. Introducción al mundo de la imprenta primitiva, Madrid: Arco Libros.
Herrera Morillas, J. L. (2004), Tratamiento y difusión digital del libro antiguo: directrices metodológicas y guía de recursos, Gijón: Trea.
Lefèvre, Sylvie. La magie du codex : corps, folio, page, pli, cœur. Paris: Les Belles Lettres, 2023.
Lucía, J. M. (2012), Elogio del texto digital. Claves para interpretar el nuevo paradigma, Madrid: Fórcola.
Maniaci, M. (2019), Breve storia del libro manoscritto, Roma: Carocci.
Martín Abad, J. (2003), Los primeros tiempos de la imprenta en España, Madrid: Ediciones del Laberinto.
Martín Abad, J. (2004), Los libros impresos antiguos, Valladolid: Universidad de Valladolid.
Moll, J. (1994): De la imprenta al lector. Estudios sobre el libro español de los siglos XVI al XVIII, Madrid: Arco Libros.
Ostos, P.-Pardo, Mª. L.-Rodríguez, E. E. (1997), Vocabulario de codicología. Versión española revisada y aumentada del Vocabulaire Codicologique de Denis Muzerelle, Madrid: Arco Libros.
Petrucci, A. (2001), La descrizione del manoscritto. Storia, problemi, modelli, Roma: Carocci (1ª ed. 1984).
Ruiz, E. (2002), Introducción a la codicología, Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Vallejo, I. (2021), O infinito nun xunco. A invención dos libros no mungo antigo, Vigo: Xerais (1ª ed., en castelán, 2019).
Bibliografía complementaria
Baldacchini, L. (1982), Il libro antico, Roma: La Nuova Italia Scientifica.
Balsamo, L. (1998), La bibliografía. Historia de una tradición, Gijón: Trea.
Barbier, F. (2005), Historia del libro, Madrid: Alianza.
Bertolo, F. M.-Cherubini, P.-Inglese, G.-Miglio, L. (2004), Breve storia della scrittura e del libro, Roma: Carocci.
Bowers, F. (2001), Principios de descripción bibliográfica, Madrid: Arco Libros.
Busonero, P.-Casagrande Mazzoli, M. A.-Devoti, L.-Ornato, E. (1999), La fabbrica del codice. Materiali per la storia del libro nel tardo medioevo, Roma: Viella.
Cátedra, P. M. (dir.) (2009), Los códices literarios de la Edad Media. Interpretación, historia, técnicas y catalogación, Salamanca: Fundación San Millán de la Cogolla.
Cavallo, G. (ed.) (1989), Libri e lettori nel Medioevo. Guida storica e critica, Roma-Bari: Laterza (1ª ed. 1977).
Cavallo, G.-Chartier, R. (dirs.) (2001), Historia de la lectura en el mundo occidental, Madrid: Taurus (1ª ed. 1997).
Clair, C. (1998), Historia de la imprenta en Europa, Madrid: Ollero&Ramos.
De Pasquale, A. (2018), Che cos’è la bibliologia, Roma: Carocci.
Delgado Casado, J. (2005), Introducción a la bibliografía, Madrid: Arco Libros.
Dreyfus, J-Richaudeau, F. (eds.) (1990), Diccionario de la edición y de las artes gráficas, Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Escolar, H. (1993), Historia universal del libro, Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez-Pirámide.
Escolar, H. (ed.) (1993-1996), Historia ilustrada del libro español, Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez-Pirámide.
Fontaine, J. P. (1999), L’aventure du livre. Du manuscrit médiéval à nos jours, Paris: Bibliothèque de l’Image.
Gaskell, P. (1999), Nueva introducción a la bibliografía material, Gijón: Trea.
Gilissen, L. (1977), Prolégomènes à la codicologie. Recherches sur la construction des cahiers et la mise en page des manuscrits médiévaux, Gand: Éditions Scientifiques Story-Scientia.
Glenisson, J. (dir.) (1988), Le livre au Moyen Age, [Turnhout]: Brepols.
Haarmann, H. (2001), Historia universal de la escritura, Madrid: Gredos.
Italia, P.-Raboni, G. (2010), Che cos’è la filologia d’autore, Roma: Carocci.
Jurado, A. (1998), La imprenta. Orígenes y evolución, Madrid: Capta, 2 vols.
Lemaire, J. (1989), Introduction à la codicologie, Louvain-La-Neuve: Université Catholique de Louvain.
Maniaci, M. (1998), Terminologia del libro manoscritto, Milano: Istituto centrale per la patologia del libro-Editrice Bibliografica (1ª ed. 1996).
Maniaci, M. (2007), Archeologia del manoscritto. Metodi, problemi, bibliografia recente, Roma: Viella (1ª ed. 2002).
Martin, H.-J. (1999), Historia y poderes de lo escrito, Gijón: Trea.
Martin, H. J.-Vezin, J. (dirs.) (1990), Mise en page et mise en texte du livre manuscrit, Paris: Éditions du Cercle de la Librairie-Promodis.
Martín Abad, J.-Becedas González, M.-Lilao Franca, O. (2008), La descripción de impresos antiguos: análisis y aplicación de la ISBD (A), Madrid: Arco Libros.
Martínez de Sousa, J. (1993), Diccionario de bibliología y ciencias afines, Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Martínez de Sousa, J. (1999), Pequeña historia del libro, Gijón: Trea.
McKerrow, R. B. (1998), Introducción a la bibliografía material, Madrid: Arco Libros.
Millares Carlo, A. (1993), Introducción a la historia del libro y de las bibliotecas, México: Fondo de Cultura Económica (1ª ed. 1971).
Montaner Frutos, A. (1999), Prontuario de bibliografía, Gijón: Trea.
Muzerelle, D. (1985), Vocabulaire codicologique. Répertoire méthodique des termes français relatifs aux manuscrits, Paris (http://vocabulaire.irht.cnrs.fr/vocab.htm).
Pedraza Gracia, M. J.-Clemente San Román, Y.-De los Reyes Gómez, F. (2003), El libro antiguo, Madrid: Síntesis.
Romani, V. (2000), Bibliologia. Avviamento allo studio del libro tipografico, Milano: Sylvestre Bonnard.
Simón Díaz, J. (2000), El libro español antiguo, Madrid: Ollero&Ramos.
Villari, S. (2014), Che cos’è la filologia dei testi a stampa, Roma: Carocci.
Zappella, G. (2001-2004), Il libro antico a stampa, Milano: Editrice Bibliografica, 2 vols.
-Capacidade para aplicar os coñecementos filolóxicos ao estudo da transmisión dos textos ao longo da historia.
-Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na descrición dun libro manuscrito e dun incunable.
-Asimilación e manexo dos conceptos clave da materia, fomentando a capacidade de análise e de síntese para discriminar a información imprescindible da accesoria.
-Capacidade para relacionar os datos obtidos durante o proceso de aprendizaxe, favorecendo así o labor de conceptualización durante este proceso.
-Capacidade para valorar e emitir xuízos críticos, como consecuencia das destrezas anteriores, que, aplicados aos temas obxecto da materia, buscarán a súa proxección a outros ámbitos de estudo e a incorporación á formación intelectual do alumno.
Os profesores impartirá as nocións teóricas e metodolóxicas de carácter xeral, para que o alumnado as empregue correctamente e poida asimilar sen dificultades os contidos da bibliografía recomendada. Nesta materia é primordial a exemplificación de cada un dos fenómenos e o exame dos problemas específicos que suscita cada volume, polo que nas clases a teoría será ilustrada con casos prácticos.
Durante as clases, e dependendo dos contidos que se vaian tratar, impartiranse diversas sesións de carácter práctico, en que se traballará con diversos facsímiles, imaxes ou plataformas dixitais. Nestas sesións, os alumnos deberán aplicar os conceptos e a terminoloxía científica aos documentos seleccionados e observarán a utilidade que teñen as ferramentas informáticas para o tratamento e difusión do libro.
De ser posible, visitaranse os fondos antigos dalguna Biblioteca da Universidade de Santiago.
Os profesores establecerán, de acordo cos horarios dos estudantes, un horario de titorías personalizadas, que están destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas que poidan derivarse das explicacións dadas na aula, aínda que tamén se poderán utilizar para consultar todas aquelas cuestións que o alumno considere de interese.
O sistema de aprendizaxe baséase no traballo na aula, complementado co traballo que cada alumno debe desenvolver á marxe das horas lectivas. Nesta materia resulta imprescindible a asistencia regular ás clases –que será dun mínimo do 80%, con control por parte dos docentes– e a participación activa na discusión dos diferentes puntos do programa, en ocasións a partir de lecturas feitas con antelación.
Aqueles estudantes que cumpran cos requisitos mencionados serán avaliados de maneira continua a través da exposición nas clases interactivas de aspectos determinados do programa; ademais, deberán elaborar un breve traballo, que consisitirá preferentemente na descrición dun códice, sen excluírse outros temas relacionados coa historia do libro.
A actividade desenvolta polo alumno nas clases interactivas computará un 50% sobre o total da nota, mentres que o traballo monográfico terá un valor do 50% restante da nota. A data de entrega do traballo indicarase o primeiro día de clase.
Debe terse en conta que a asistencia a clase por si mesma non computa para nota, a non ser que vaia acompañada da participación activa por parte do estudante.
Os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade deberán realizar un traballo de idénticas características ao sinalado no punto anterior na convocatoria correspondente (segunda oportunidade ou avaliación extraordinaria).
Nota. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Á materia, de 3 créditos ECTS, correspóndenlle 20 horas de docencia presencias e 55 de preparación de traballos, para un total de 75 horas de traballo para cada estudante.
A asistencia regular ás clases e a lectura da bibliografía básica recomendada polos profesores ao inicio das clases son esenciais para seguir correctamente os contidos das exposicións teóricas e prácticas, preparando o alumno para realizar os traballos con bo rendemento e eficacia. A materia non está pensada para acumular nocións, senón para pór en práctica os coñecementos dos estudantes e para establecer relacións entre os diversos puntos do programa (e, mesmo, entre diversas materias). Os principios e métodos que sustentan o ensino da disciplina esixen un certo nivel de abstracción, de aí que se valore de maneira positiva a capacidade crítica dos discentes na aplicación correcta dos conceptos básicos, tanto nas prácticas realizadas nas clases como nos traballos individuais.
Recoméndase seguir un ritmo de traballo diario e constante. É fundamental facer unha lectura analítica da bibliografía recomendada para poder aplicar as conclusións de maneira científica no proceso de aprendizaxe.
Os estudantes deberán redactar e presentar os traballos de maneira acorde co seu nivel académico. Serán, por iso, penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible e a presentación descoidada dos exercicios.
Debora Gonzalez Martinez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- deborah.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Joel Varela Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- joel.varela.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | D11 |
Xoves | |||
18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | D11 |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D03 |
05.12.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D03 |