Ir o contido principal
Foto dun exemplar do arquivo
O Arquivo Histórico Universitario ofrece servizos de consulta, reprografía e mais asesoramento e orientación cos seguintes compromisos de calidade.

Son compromisos de calidade do Arquivo Histórico Universitario:

  • Información personalizada ao investigador que asiste por vez primeira ao Arquivo sobre a estrutura e contido dos seus fondos documentais, facilitándolle os medios para o acceso e consulta inmediata e dándolle atención e asesoramento por persoal especializado.
  • Entrega da documentación solicitada na sala de investigadores no prazo máximo dunha hora.
  • Reserva de unidades de instalación, ata un máximo de 2 unidades durante dous días, a petición do usuario.
  • Expedición de follas de asistencia na sala de investigadores no prazo de 24 horas.
  • Atención ás consultas telefónicas sobre información xeral, de modo inmediato.
  • Resposta ás consultas por fax, correo postal e electrónico no prazo máximo de 1 mes dende á recepción no Arquivo.
  • Reprodución solicitadas en Sala:
    • Fotocopias de orixinais hasta un máximo de 15, nun prazo máximo de 48 horas, sempre que o permitan as características da documentación.
    • Reproducións de documentos dixitalizados ata un máximo de 15, nun prazo máximo de 48 horas.
    • Cando se soliciten documentos non dixitalizados e que polas súas condicións non poidan ser fotocopiados, o prazo de entrega estará en función da dispoñibilidade do servizo de dixitalización.
  • Reprodución de documentos solicitados ao Arquivo por fax, correo postal ou electrónico no prazo máximo de 1 mes ata un máximo de 100 reproducións.
  • Entrega de copias compulsadas de documentos non universitarios, que sirvan para probar dereitos dos cidadáns, nun prazo non superior a un mes.
  • Valoración dos documentos para exposicións temporais nun prazo non superior a 3 meses.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2023.