Con carácter xeral, os fondos documentais poderán ser reproducidos, agás aqueles sobre os que existan limitacións de carácter legal, en especial no que respecta á protección de datos de carácter persoal, ou porque o seu estado de conservación non o permita.
Os medios de reprodución existentes suxeitos ao pagamento dunha taxa son:
- Fotocopia.
- Impresión de imaxes dixitais.
- Dixitalización.
Tamén se permite a realización de fotografías por parte das persoas usuarias con dispositivos móbiles propios (teléfonos e tabletas) ou cámaras compactas. Non está suxeito ao pagamento de taxa pero requirirá da autorización previa do persoal técnico da sala de consulta e da presentación do formulario de solicitude cuberto e asinado para o rexistro e control da reprodución.
O uso deste servizo de autocopia deberá realizarse atendendo obrigatoriamente ao establecido nas condicións e no procedemento de reprodución que se indica nas Normas para o uso do servizo de autocopia na sala de investigadores do Arquivo Histórico da USC.
As solicitudes de reprodución poden realizarse presencialmente no propio centro, cubrindo o formulario correspondente, mediante correo electrónico ou a través da aplicación ARQUS.
Arquivo Histórico Universitario (AHUS)
- Arquivo Histórico. Casa Simeón
- Rúa das Casas Reais, 5, 15782Santiago de Compostela
- 881 812 880 (Conserxería)
- arquivo.historico [at] usc.es