Ir o contido principal
O Arquivo realiza distintas actividades divulgativas, dirixidas a difundir e poñer en valor os seus fondos como recurso para a docencia, a investigación e a cultura galegas.

O Arquivo Histórico da USC desenvolve proxectos de difusión propios como, por exemplo, a organización de exposición temporais, a edición de libros e catálogos ou a organización de diversas actividades de divulgación. De igual modo, tamén colabora en proxectos culturais deseñados e xestionados por outras institucións e administracións públicas.

Entre as actividades que programa ao longo do ano para conmemorar distintas efemérides como o Día Internacional da Muller ou o Día Internacional dos Arquivos, destaca a realización de visitas guiadas e conferencias, as cales se acompañan sempre de exemplares documentais existentes no Arquivo para ilustrar a temática destas. Ditas actividades son flexibles, adaptándose na medida do posible ás demandas dos distintos perfís de visitantes.

Así mesmo, como institución universitaria, recibe alumnado en prácticas e está aberto á colaboración en calquera actividade docente ou cultural que lle sexa proposta.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2023.