Ir o contido principal
Arquivos de empresa
Inclúe fondos de empresas galegas.

Esta sección foise enriquecendo progresivamente nos últimos anos coa incorporación sucesiva dos arquivos de distintas empresas e razóns sociais.

Trátase de documentación de sectores diversos e significativos da actividade económica galega, que van desde a minería ata a industria conserveira pasando pola construción, o comercio e a banca.

As datas extremas van de finais do século XVIII aos anos oitenta do século XX.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2023.