Causas civís e criminais das antigas xurisdicións de Santa Marta de Ortigueira, Cedeira e As Pontes de García Rodríguez.
Comprende as causas civís e criminais das antigas xurisdicións de Santa Marta de Ortigueira, Cedeira e As Pontes de García Rodríguez.
O conde de Lemos exercía xurisdición sobre as dúas primeiras e o marqués de Astorga sobre a das Pontes. Estes señores nomeaban os xuíces e escribáns ante os que ían pasar as causas.
A documentación ingresou no arquivo en 1993 procedente do Colexio Notarial da Coruña, onde estaba depositada.
As datas da documentación van desde o século XVII ata mediados do século XIX.
Este fondo ampliouse coa incorporación de documentación das xurisdicións de San Cosme de Barreiros e San Xulián de Cabarcos.
- Xurisdición de Cedeira
- Xurisdición de Ortigueira
- Xurisdición das Pontes de García Rodríguez
- Xurisdicións de San Cosme de Barreiros e San Xulián de Cabarcos