Ir o contido principal

Contacto

Enderezo
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 812 687
881 812 628
Horario
HORARIO HABITUAL: De luns a venres, de 8.30 a 21.30 h.

A actual biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia, antano “Biblioteca pública da Real Universidade” nace coa creación do inmoble que actualmente a alberga e que foi proxectado como novo edificio da Universidade a finais do século XVIII pola falta de espazos que xa se facía evidente ante a multiplicación de alumnado e profesorado. Daquela a biblioteca estaba no espazo que actualmente ocupan o Paraninfo, Administración e Sala de profesores.
O moble da biblioteca que aínda podemos admirar foi realizado por Ramón Pérez Monroy entre 1785 e 1789. Monroy tamén fabrica as primeiras mesas da biblioteca. Sabemos que en 1806 había na biblioteca 12 mesas que contaban en total con 46 cadeiras. O máximo número de persoas usuarias que podía visitar ao mesmo tempo a biblioteca era 80.
En torno a 1885 planeouse a construción dun terceiro andar para o edificio. Montero Ríos nomeou arquitecto da obra a Daniel G. Vaamonde e comezaron as obras en 1894 rematando en 1906. Os principais cambios foron o traslado da biblioteca a esta nova planta e o traslado do Paraninfo ao primeiro andar, xa que atopabase no baixo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.01.2025.