Web of Science crea automaticamente un perfil de investigador para cada autor que publica nunha revista da Colección Principal. Este perfil inclúe información como as súas publicacións, afiliacións e revisións por pares realizadas. Cada investigador pode validar o seu contido e os indicadores bibliométricos asociados.

Para participar nas sesións é imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.
Os obxectivos de aprendizaxe desta sesión son:
- Actualizar un perfil (engadir publicacións ou fusionar perfís)
- Correxir un perfil
- Configurar notificacións automáticas
Apúntate ao webinar picando neste enlace.
As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.