08.03.2025-31.03.2025 | 08.30h-21.30h
Co motivo do Patrón da Facultade de Enfermaría e do Día Internacional das Mulleres a Biblioteca da Facultade presenta unha mostra bibliográfica sobre Marjory Gordon

Marjory Gordon é a creadora dos Padróns Funcionais de Saúde e unha persoa clave do desenvolvemento do diagnóstico e das linguaxes estandarizadas no campo da enfermaría. Na vitrina situada na Biblioteca presentamos algunhas das súas obras impresas e outras relacionadas con ela. Un código QR enlaza cunha pequena presentación en Sway que enriquece a mostra con varias ligazóns a outros documentos de interese.
A mostra poderá visitarse do 8 ao 31 de marzo na biblioteca da Facultade de Enfermaría.