Ir o contido principal

Dispoñibles novas guías de estilos de citas e referencias bibliográficas

A BUSC publica seis novas guías para a creación de citas e referencias bibliográficas. Imaxe: Unsplash
A BUSC publica seis novas guías para a creación de citas e referencias bibliográficas. Imaxe: Unsplash
A BUSC vén de publicar guías coa normativa que define os estilos de citas e referencias bibliográficas máis usados nas distintas disciplinas científicas : ISO 690, APA, Vancouver, MLA, Harvard e IEEE.

A BUSC vén de engadir novas guías para facilitar a creación de citas e referencias bibliográficas nos estilos máis amplamente utilizados no eido da comunicación científica e académica. 

Á hora de citar e redactar as referencias bibliográficas nos traballos académicos, podemos elixir entre diferentes manuais de estilo, que teñen como finalidade que a persoa lectora identifique e localice a fonte que utilizamos para documentarnos de xeito doado.

Algúns destes estilos de citación proceden dunha institución internacional que elabora un modelo de cita e referencia para as súas publicacións, outras utilízanse nun campo de coñecemento específico. As guías dispoñibles son as seguintes:

  • Estilo APA, desenvolvido pola American Psychological Association (APA). Este estilo emprégase fundamentalmente no campo da psicoloxía, ciencias sociais e humanidades.
  • Estilo MLA (Modern Language Association), empregado en lingüística e filoloxía.
  • Estilo Vancouver, moi empregado en publicacións de medicina e biomedicina. Este estilo desenvolveuno o International Committee of Medical Journal Editors (ICMJE).
  • Estilo IEEE, desenvolvido polo Institute of Electrical and Electronics Engineers para as súas revistas. Tamén se emprega noutras publicacións de enxeñaría.
  • Estilo ISO 690. De uso xenérico.
  • Estilo Harvard. Estilos creado pola prestixiosa universidade para que os seus alumnos e profesores empregaran a normativa propia . É utilizada en diferentes campos de coñecemento: Bioloxía, Ciencias naturais, Ciencias sociais...
     

Se precisas máis información, tamén podes consultar a guía de Citas e referencias bibliográficas.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2024.