Ir o contido principal

No marco do compromiso institucional da USC coa responsabilidade social e as políticas de conciliación da vida laboral, persoal e familiar establecidas no III Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2021-2024, a USC convoca anualmente prazas na Escola Infantil Breogán (EIB).

O número de prazas que están previstas para o curso escolar serán as máximas permitidas polas condicións e capacidade do centro segundo consta no artigo 6 do Regulamento de réxime interno. Así mesmo, terase en conta ademais da ratio, os nenos e nenas con capacidades específicas que poda haber por aula.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2024.