Ir o contido principal
Nenxs sentadxs
A chegada dos nenos e nenas á Escola Infantil é un grande acontecemento no seu proceso de desenvolvemento, polo que cremos que é moi importante poñerse de acordo pais e educadores para axudar a que esta adaptación sexa positiva.

A chegada dos nenos e nenas á Escola Infantil é un grande acontecemento no seu proceso de desenvolvemento, polo que cremos que é moi importante poñerse de acordo pais e educadores para axudar a que esta adaptación sexa positiva.

O mundo afectivo é o motor esencial do seu desenvolvemento emocional, social e intelectual polo que o período de adaptación é un proceso no que o/a neno/a vai elaborando, emocionalmente, a perda e a ganancia que lle supón esa separación, ata chegar a unha aceptación da mesma.

A entrada na escola supón a primeira separación da familia e é moi importante a maneira de superala porque, se vive isto ben, axudaralle a resolver futuras situacións (entrada na escola primaria, a súa relación con persoas descoñecidas etc.). Para o/a neno/a é a perda dun lugar definido, onde ten un espazo seguro e coñecido, cunhas persoas que están exclusivamente dedicadas a el/ela, e chegar a un lugar onde hai que compartir todo con outros nenos/as, os obxectos, o espazo, o educador/a etc.

Por outra banda como aínda non ten moi claro os referentes espazo-temporais, faille sentir as separacións como perda “para sempre” e terá sentimentos de abandono, mentres non reforce día a día que “papá ou mamá” volven a buscalo/a.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2024.