No marco do compromiso institucional da USC coa responsabilidade social e as políticas de conciliación da vida laboral, persoal e familiar establecidas no III Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2021-2024, a USC convoca prazas na Escola Infantil Breogán (EIB) para o curso 2024-25.
CALENDARIO DA CONVOCATORIA DE PRAZAS DA ESCOLA INFANTIL BREOGÁN. CURSO 2024-2025
Prazo de presentación de solicitudes | 16 de marzo ao 5 de abril |
Publicación listas provisionais admitidos a trámite | 6 de maio |
Prazo reclamacións : 5 días hábiles | 7 ao 13 de maio |
Publicación listas definitivas | 31 de maio |
Pago de fianza | 1 ao 14 de xuño |
Publicación asignación cotas | 9 setembro |
HORARIO
A Escola Infantil Breogán estará aberta en horario ordinario de 07:45 h a 18:00 h coas excepcións que contemplen e se deriven das Instrucións que dite a Xerencia anualmente relativa ao calendario de festas, vacacións, permisos e horario do persoal de administración e servizos.
Durante o mes de xullo, período de Nadal e Semana Santa o horario será de 7:45 a 15:45 h.
A Escola permanecerá pechada dende do 1 de agosto ao 4 de setembro, ambos incluídos, e a semana de Nadal prevista para a rede de escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais.
TIPOS DE XORNADAS
XORNADAS |
HORARIO ORIENTATIVO |
Xornada completa |
8 horas máximo de permanencia no centro |
Media xornada |
4 horas máximo de permanencia no centro |
Media xornada + 1 hora |
5 horas máximo de permanencia no centro |
Prezos da atención educativa por xornada
O prezo que deberán aboar mensualmente os/as usuarios/as pola atención educativa será:
Xornadas | Prezo |
Xornada completa | 300 euros |
Media xornada | 175 euros |
Media xornada + 1 hora | 200 euros |
Os/as nenos/as con residencia en Galicia terán unha bonificación do 100% pola atención educativa ao abeiro do Convenio coa Consellería de Política Social para o fomento da gratuidade da atención educativa, o que constará no xustificante mensual.
Ás persoas que non estean empadroadas en Galicia aplicaráselle o prezo sinalado nesta convocatoria.
Prezos de servizos complementarios
Prezo do servizo | Mes | |
Comedor | ||
Con RPD igual ou menor | 2.100,00 € | 0 € |
Con RPD entre | 2.100,01 € e 20.000 € | 76 € |
Con RPD igual ou superior | 20.000,01 € | 100 € |
Merenda | agás con RPD inferior a 2.100 € | 22 € |
Dar comida traída da casa* | agás con RPD inferior a 2.100 € | 38 € |
* Establécese exclusivamente para dous casos: 1. Bebés; 2. Nenos/as con praza de comedor, pero que están no período de introdución de alimentos, ata que poidan comer os menús da escola.
Os/as nenos/as poderán ter acceso ao servizo de comedor ou á merenda en días soltos sempre que se solicite cunha antelación suficiente e xustificando a necesidade de acceder a este servizo de xeito puntual, aboando o prezo de 5 € para a comida e 2 € para a merenda.
Solicitudes
A solicitude de praza deberá realizarse a través do formulario accesible por vía telemática:
Usarase este formulario de solicitude online.
Prazo de presentación
Do día de 16 de marzo ao 5 de abril do 2024.
Lugar de presentación:
Despois de descargar o resgardo do formulario deberá de presentalo asinado por todos os membros computables da familia no seguinte enlace:
Rexistro electrónico da Sede electrónica da USC.
As persoas que pertenzan á comunidade universitaria que renoven a praza sen cambios nos membros da unidade familiar, únicamente deberán presentar o formulario de solicitude por vía telemática na páxina web da Escola Infantil Breogán.
Documentación que debe acompañar ás solicitudes
As solicitudes de novo ingreso deberán de ir acompañadas da seguinte documentación:
- Certificado de convivencia en Galicia da unidade familiar
- Certificación oficial que acredite o grao de discapacidade e/ou dependencia do neno ou nena, ou membros da unidade familiar, de ser o caso.
A persoa solicitante deberá entregar calquera outro documento que se lle requira para aclarar a situación familiar, económica ou social que poida terse en conta na adxudicación da praza.
As persoas admitidas deberán aboar a cantidade de 150 € en concepto de fianza de reserva de praza entre o 1 e o 14 de xuño.
Nesta páxina web figurará un enlace para efectuar o pagamento da fianza, que poderá realizarse por medio de tarxeta de crédito ou de débito. No caso de non cumprir este trámite entenderase que renuncia á praza concedida.
Para que a reserva de praza sexa firme, ademais do pago de fianza, deberán achegar ao Servizo de Axudas e Servizo ao Alumnado a copia da cartilla de vacinación do/a neno/a na que se acredite o cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa Galego de Vacinación.
As fianzas devolveranse en dous momentos, dependendo do mes de incorporación do/a neno/a á escola. No mes de decembro devolveranse as das incorporacións do 2024; e no mes de xuño, os das incorporacións do 2025. As persoas solicitantes que finalmente non ocupen a praza perderán o dereito á devolución da fianza.
A ocupación dunha praza na Escola Infantil Breogán implica a aceptación das normas que a rexen.
O cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación é imprescindible para ocupar unha praza, polo que deberán presentar a copia da cartilla de vacinación do neno/a que acredite o cumprimento antes da incorporación á Escola Infantil Breogán.
Antes da incorporación do/a neno/a á Escola deberán achegarse os documentos complementarios.
A ocupación dunha praza escolar en calquera outro centro público ou privado de ensino suporá o cese do dereito á praza na Escola.
No caso de que non se aboen os recibos poderá suspenderse a prestación dos servizos e perder o dereito a ter praza na seguinte convocatoria.
Ademais das persoas que non cumpran os requisitos esixidos en cada caso nesta convocatoria, non poderán ser admitidas as que:
- Nalgunha convocatoria anterior se lles comprobaran discrepancias entre os datos declarados e os reais.
- As que manteñan cantidades pendentes de pagamento, ou que sexan reincidentes por tres meses no atraso do pago das cotas ou servizos sen causa xustificada.
- As solicitudes para nenos/as que cumpran os 3 anos en 2024.
- Non entregar a documentación requirida unha vez obtida a praza e antes da incorporación do/a neno/a á Escola.
Novas relacionadas
A Escola Infantil Breogán abre o seu prazo de presentación de solicitudes do 16 de marzo ao 5 de abril
A convocatoria está aberta ao conxunto da cidadanía, se ben as solicitudes dos membros da comunidade universitaria terán prioridade
Ler máis