Calquera deportista da USC pode participar nos Campionatos de España Universitarios (CEU), nos Campionatos Galegos Universitarios (CGU) e nos Campionatos Universitarios da USC.
Non obstante, a USC non participa en Campionatos/Xogos Europeos Universitarios ou competicións similares que non estean amparadas por unha convocatoria oficial para formar parte da selección estatal.
Campionatos de España Universitarios (CEU)
Inscrición
Poderán participar todas aquelas persoas que se atopen matriculadas no curso actual e que acrediten ser estudantes de grao, máster ou doutoramento, de títulos que teñan carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, e que ademais acaten os seguintes requisitos:
- cumprir os criterios do regulamento xeral e dos correspondentes regulamentos técnicos dos CEU, en especial, neste último caso, os referentes a cuestións como licenza federativa en vigor, marcas mínimas en atletismo e natación, graos nas modalidades de combate, puntos en tenis ou xadrez, etc.;
- cumprir os criterios de selección da USC para cada modalidade;
- comunicar á Área Deportiva da USC a súa intención de participar.
Deportistas DAN
Teñen a obriga de formar parte das seleccións da USC e, de non ser así, deberán presentar xustificación por escrito que será valorada pola Área Deportiva da USC. De non presentar xustificación, antes da data límite de inscrición do CEU correspondente, formularase de oficio unha solicitude para a revogación do seu recoñecemento como DAN da USC ou de parte dos beneficios que acompañan a ese recoñecemento.
Procedemento
- Preinscrición, para o que é preciso:
- rexistrarse na aplicación da Área Deportiva da USC (de non telo feito previamente);
- formalizar a solicitude para poder ser convocada/o, indicando os méritos deportivos, antes de que remate o prazo estipulado na convocatoria
- as convocatorias dos deportes colectivos e de vela publicaranse despois dos seus respectivos Campionatos Galegos Universitarios (CGU);
- as convocatorias dos deportes colectivos e de vela publicaranse despois dos seus respectivos Campionatos Galegos Universitarios (CGU);
- Análise das solicitudes, por parte da Área Deportiva da USC, en base aos criterios xerais establecidos.
- Asistencia ás convocatorias realizadas pola Área Deportiva da USC para os efectos de adestramentos, reunións, competicións, viaxes, etc.
- Selección, tendo en conta o número de solicitudes para cada modalidade, os méritos deportivos e o estado de forma das persoas solicitantes (segundo as modalidades), o número de solicitantes que cumpran os criterios xerais e específicos por modalidade, o lugar de celebración dos campionatos, a loxística necesaria..., a Área Deportiva da USC determinará que deportistas representarán á USC.
Criterios xerais para poder optar a ser seleccionada/o en deportes individuais
- Estar en posesión da licenza federativa correspondente para a tempada en curso.
- Campionatos de Europa/Mundiais/Xogos Olímpicos/Xogos Paralímpicos/Universiadas e outras competicións similares: participación.
- CEU: 8 primeiros no CEU anterior.
- Campionatos Estatais Federados (CEF): estar entre os 8 primeiros absolutos ou entre os 3 primeiros no resto das categorías, na última edición celebrada.
- Campionatos Autonómicos Federados (CAF): quedar entre os 3 primeiros absolutos ou 1ª/1º na categoría previa, na última edición celebrada.
- Outros resultados destacados que a USC poida valorar, tendo en conta a especificidade de cada modalidade/especialidade/ proba.
Non se terá en conta a condición da última edición celebrada cando non se puidese participar por motivos xustificados (lesións, embarazo...) ou cando se acredite un estado de forma que permita optar a estar entre os 8 primeiros.
Criterios específicos para poder optar a ser seleccionada/o en deportes individuais
- de ser necesaria a súa aplicación, estes serán publicados na propia convocatoria de preinscrición.
Criterio xeral para poder optar a ser seleccionada/o en deportes colectivos e vela
- proclamarse campións galegos universitarios no actual curso académico, agás que:
- non se consiga finalmente completar equipo;
- por motivos orzamentarios sexa necesario limitar o número de equipos que representarán á USC nos CEU. Neste último caso terase en conta o conxunto do nivel deportivo dos deportistas a seleccionar nas diferentes modalidades deportivas (categoría actual ou na última na que se competiu cando non se puidese participar por motivos xustificados (lesións, embarazo, estudos...);
De non completarse equipo inicialmente cos seleccionados nos CGU poderase recorrer aos deportistas descartados no proceso de selección dos propios CGU, sempre que o conxunto do nivel deportivo do equipo manteña o seu nivel competitivo;
Os deportistas con licenza federada deberán estar en posesión da debida autorización por parte dos clubs de orixe.
Créditos
Poderanse solicitar 2 créditos ECTS, que se expedirán a final do curso académico. Para máis información preme aquí.
Campionatos Galegos Universitarios (CGU)
A USC participará nas seguintes modalidades, tanto en categoría feminina coma masculina:
- Baloncesto, Balonmán, Fútbol, Futsal, Natación, Orientación, Rugby-7, Vela e Voleibol.
Inscrición
Poderá participar toda a comunidade universitaria da USC.
Procedemento
- Preinscrición, para o que é preciso
- rexistrarse na aplicación da Área Deportiva da USC (de non telo feito previamente);
- formalizar a solicitude para ser convocada/o, antes de que remate o prazo estipulado na convocatoria.
- Análise das solicitudes por parte da Área Deportiva da USC.
- Asistencia ás convocatorias realizadas pola Área Deportiva da USC para os efectos de adestramentos, reunións...
- Selección: a Área Deportiva da USC determinará que deportistas representarán á USC.
Créditos
Poderase solicitar 1 crédito ECTS, que se expedirá ao final do curso académico. Para máis información preme aquí.
Campionatos Universitarios da USC
A Área Deportiva da USC publicará, de selo caso, a listaxe de modalidades que finalmente organizará.
Inscrición
Poderá participar toda a comunidade universitaria, deportistas vinculados coa USC e deportistas convidados.
Para inscribirse é preciso:
- rexistrarse na aplicación da Área Deportiva da USC (de non telo feito previamente);
- formalizar a inscrición.