Ir o contido principal
Imaxe da piscina universitaria
Normas xerais

A Área Deportiva ocúpase do mantemento, conservación e mellora das instalacións deportivas e vela polo cumprimento da normativa que rexe o seu uso.

Nas instalacións deportivas da USC poderanse realizar as actividades que organiza a USC e aquelas outras que reciban a súa autorización.

As instalacións deportivas son un importante medio para acadar os fins establecidos no modelo deportivo da USC para o que se dará prioridade á xestión do seu uso por parte de entidades e actividades relacionadas coa USC, segundo se relaciona:

  1. Área Deportiva (Actividades dirixidas, práctica libre e Sección Deportiva USC).
  2. Colectivos universitarios.
  3. Entidades e actividades alleas á USC que cumpran os seguintes criterios:
    • Actividades relacionadas coa actividade físico-deportiva en consonancia co modelo deportivo da USC.
    • Importancia deportiva.
    • Impacto na promoción deportiva universitaria.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2024.