Ir o contido principal

A USC promove unha cultura institucional baseada na conciliación corresponsable promovendo programas e servizos que permitan compatibilizar a vida laboral e familiar. O fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar permite una distribución máis igualitaria entre os roles masculino e feminino nas actividades propias da Universidade. Entre as súas iniciativas neste ámbito destacan: a Escola Infantil Breogán, en funcionamento desde 1979, e o Verán CampUSC, organizado pola Fundación USC, cun programa de actividades deportivas e de lecer para nenos e nenas de 4 a 17 anos, durante as derradeiras semanas de xuño, o mes de xullo e comezos de setembro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.02.2023.