Actuacións para analizar e promover a presenza de xénero na USC e visibilizar a achega das mulleres.
A través das diagnóses de igualdade realízase un traballo sistemático de recollida de datos e de análise da presenza de mulleres e homes nos distintos colectivos profesionais e nas actividades esenciais da comunidade universitaria co obxectivo de visibilizar a súa evolución e a súa converxencias coas metas do Plan de Igualdade.
Asemade, promóvense accións culturais, comunicativas e de sensibilización para proxectar as achegas das mulleres na ciencia e no mundo do traballo coma o Certame de fotografía Ruth Matilda Anderson.