Materiais con relevancia terminolóxica elaborados para diversas iniciativas
Ao longo dos anos fomos elaborando diversos materiais que, aínda que teñen interese polo volume de terminoloxía que conteñen, non encaixan en ningunha das nosas categorías de produtos terminolóxicos.
Algúns deles son propiedade doutras entidades, outros estaban destinados á difusión masiva entre o alumnado, ou á vida efémera das redes sociais... por unha razón ou por outra, parécenos interesante recollelos aquí para deixar constancia da súa existencia e facilitar a súa localización.
As comisións de normalización lingüística dalgúns centros puxeron en marcha actuacións para difundir a través das redes sociais terminoloxía vinculada aos estudos que se imparten nese centro.
Así xurdiron...
FotoTermos (CNL da Fac. de Xeografía e Historia)
BioTermos (CNL da Fac. de Bioloxía)
Técnico&Popular (CNL da Fac. de Medicina)
FarmaTermos (CNL da Fac. de Farmacia)
Son imaxes que se enriquecen con material complementario (textos, vídeos, ligazóns a outros contidos da internet...) que amplían a información que achega a propia imaxe, e á que se accede premendo nuns puntos que aparecen destacados sobre ela.
Nós empregámolas, por exemplo, para falar dalgunhas das nubes máis coñecidas, ou dos nomes dos xestos de toque que facemos sobre as pantallas táctiles.
Tipos de nubes
Xestos en pantallas táctiles
Buscando formas alternativas de achegar a terminoloxía ao estudantado, coa colaboración da Comisión de Normalización da Fac. de Ciencias Económicas e Empresariais, usamos cartafois como soporte de vocabularios multilingües de diferentes disciplinas.
Así xurdiron os "cartafois terminolóxicos". Velaí os que se elaboraron:
- Termos esenciais de nova economía (ano 2008)
- Termos esenciais de contabilidade (ano 2009)
- Termos esenciais de matemáticas -para a economía e a empresa (ano 2010)
- Conceptos básicos de Estatística II
- Conceptos básicos de estrutura económica
- Conceptos básicos de matemáticas
- Balance e Conta de perdas e ganancias de peche de exercicio
- Cadro de contas do Plan Xeral de Contabilidade
- Formulario básico de Excel para finanzas
- Análise de estados financeiros: definicións
Grazas a un convenio de colaboración asinado entre a USC e a Asociación Española de Normalización (UNE) no Servizo de Normalización elaboramos versións oficiais en galego dalgunhas normas UNE moi empregadas na Universidade ou moi relevantes pola súa carga terminolóxica.
Ata o momento, traducimos as seguintes:
- Sistemas de xestión da calidade. Requisitos (UNE-EN ISO 9001:2015)
- Sistemas de xestión ambiental. Requisitos con orientación para o seu uso (UNE-EN ISO 14001:2015)
- Óptica oftálmica. Monturas de anteollos. Vocabulario e listas de termos equivalentes (UNE-EN ISO 7998:2007)
- Óptica oftálmica. Monturas de anteollos. Sistema de medida e vocabulario (UNE-EN ISO 8624:2021)
- Implantes oftálmicos. Lentes intraoculares. Parte 1: Vocabulario (UNE-EN ISO 11979-1:2019)
- Óptica oftálmica. Lentes de anteollos. Vocabulario (UNE-EN ISO 13666:2019)
Os membros da comunidade universitaria da USC poden consultar e descargar de balde estas e outras normas a través da aplicación AENORmás (fornecida pola Biblioteca Universitaria).
Unha vez cada mes, en Proxector facemos unha selección temática dalgún dos vídeos que compilamos para darlles unha difusión especial. Desde o SNL elaboramos presentacións interactivas para contribuír a divulgar estes contidos nas redes sociais.
[Aconsellamos ampliar as presentacións para velas en pantalla completa.]