Ir o contido principal
  • USC

Proxector celebra o Día da Ciencia en Galego cun especial sobre tecnoloxías cuánticas

Imaxe portada Proxector nov25
Imaxe portada Proxector novembro 2025
“Física cuántica: o enigmático mundo do pequeno” é o título da nova entrega de Proxector, iniciativa de divulgación en lingua galega promovida polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) e o Servizo de Normalización Lingüística da USC

Un ano máis, Proxector conecta o seu Especial de novembro co Día da Ciencia en Galego, que este ano chega xa á súa décimo sexta edición, coa ciencia e as tecnoloxías cuánticas como eixe temático.

Por iso, en Física cuántica: o enigmático mundo do pequeno selecciónase unha ducia de vídeos que queren destacar a importancia da investigación científica neste ámbito e as grandes potencialidades que avanzan as aplicacións tecnolóxicas desas investigacións. Entre eles hai produtos moi diversos: desde pezas curtas, orientadas á divulgación básica e a un público xuvenil, ata conferencias completas impartidas por especialistas galegos do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e outras institucións; e no medio, presentacións máis enfocadas nas aplicacións dos descubrimentos cuánticos a produtos concretos.

En resumo, unha compilación que nos permite saber un pouco máis desta disciplina, que vai ter aplicacións prácticas cada vez máis presentes na nosa vida diaria.

Máis información
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.11.2025.