Os 3 colexios maiores e as 3 residencias universitarias da USC ofertan 910 prazas que se reparten entre os distintos sectores da Comunidade Universitaria. O acceso xestiónase a través de 3 programas anuais de aloxamento: Convocatoria ordinaria, convocatoria de verán e mobilidade internacional. Ademais, ofrécese aloxamento a profesorado e PAS visitantes e mais a participantes de congresos organizados por membros da USC.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2024.