Contacto
-
Enderezo
- Praza Rodríguez Cadarso, s/n, 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 814 354
O Colexio Maior Rodríguez Cadarso, sito na Praza Rodríguez Cadarso, no Campus Vida, é a primeira das edificacións do proxecto de Jenaro de la Fuente.
Cuartos | ||||
Indiv. | Dobres | Baño | Limpeza | |
Residentes | 44 (2 cuartos adaptados para residentes con necesidades especiais) | 2 | SI | 1 veces por semana |
Estudantes internacionais | SI | 1 veces por semana | ||
Invitados | 3 | 6 | SI | 2 veces por semana |
Normas
- Aparellos eléctricos nos cuartos: só se permite traer unha neveira pequena (non mais de 60 cm de altura, e cualificación enerxética A+ ou superior). Non están permitidos aparellos tipo torradoras, microondas e cafeteiras (agás as de cápsulas).
Servizos
- Conserxería 24 horas (servizo de vixilancia nocturno e fins de semana).
- Cociñas: 3 cociñas de uso común en toda o Colexio, asignadas por plantas, tanto para residentes como para invitados. Dispoñibles armarios individuais. Utensilios do fogar propios, non se facilita (só a invitados, de haber dispoñibilidade).
- Lavandería: unha sala con lavadora e secadora (de pagamento) a disposición de residentes.
- Biblioteca. Consulta directa de libros (non préstamo) a residentes. Dispoñibilidade 24 horas para residentes.
- Salón de actos.
- Salas: lectura, estudo, traballo, ocio, vídeo/TV, e espazo de ensaios.
- Cafetería: externa. Os menús e prezos seguen o establecido para todas as cafeterías da USC que traballan con concesión privada. Horarios: Luns a venres de 8 a 21 horas. Sábado de 10 a 15:30 horas.
Ángel Vizoso García
- Cargo
- Director Colexios Maiores
-
Teléfonos
- 881 814 356
- cadarso.direccion [at] usc.es
Antonio M. González Gómez
- Cargo
- Responsable de recepción
-
Teléfonos
- 881 814 354
- colexiosmaiores [at] grupos.nube.usc.gal
Punto de atención, información e servizos
-
Teléfonos
- 881 814 354
- cmrc.conserxeria [at] usc.es
Este colexio maior é o máis antigo da universidade galega (foi construído en 1940). En principio foi masculino; logo estar pechado un par de anos por reformas, foi residencia de posgraduados nos anos 70. A partir do curso 1973-74 comeza unha nova etapa como colexio feminino ante a escaseza de residencias femininas, para converterse desde o curso 1988-89 nun colexio mixto.