Co obxecto de dar cumprimento ao título segundo do Regulamento do Servizo Universitario de Residencias
(SUR), o Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aproba a convocatoria de
prazas de aloxamento para o curso académico 2025-2026.
PRAZAS ASIGNADAS A CADA SECTOR
O número total de prazas que se ofertan nesta convocatoria 2025-2026 ascende a 960 repartidas por grupos e sectores tal e como se mostra na seguinte táboa:
Sectores |
Grupo I |
Grupo II |
|
||
Nº de prazas |
% |
Nº de prazas |
% |
TOTAL PRAZAS |
|
Estudantes de Grao |
796 |
82,92 |
60 |
6,25 |
856 |
Estudantes de Máster Universitario Oficial |
27 |
2,81 |
3 |
0,31 |
30 |
Estudantes de Programas de Doutoramento a tempo completo e Investigadores en Formación |
15 |
1,56 |
6 |
0,63 |
21 |
Estudantes de cursos de Posgrao Propios |
4 |
0,42 |
1 |
0,10 |
5 |
Membros da comunidade universitaria con necesidades educativas específicas derivadas dunha condición de discapacidade. |
40* |
4,17 |
8* |
0,83 |
48* |
TOTAL |
882 |
91,88 |
78 |
8,12 |
960 |
* Neste apartado está incluída a oferta de 13 prazas en cuarto adaptado
CONVOCATORIA ORDINARIA – PRAZOS 2025 |
|
Presentación de solicitudes |
Dende a publicación ata as 14 horas do 26 de xuño |
Achegar máis documentación á solicitude |
Ata o 28 de xullo |
Comisión de Garantías |
Ata o 16 de xullo |
Publicación lista provisional de solicitudes admitidas a trámite e excluídas |
22 de xullo |
Prazo para emendar as solicitudes |
Ata o 28 de xullo |
Publicación de: - listas definitivas admitidos/as con praza en cada centro - lista de agarda - relación de excluídos |
31 de xullo |
Pagamento da fianza das persoas con praza |
Do 31 de xullo ao 3 de agosto |
Confirmación da permanencia na lista de agarda |
Do 31 de xullo ao 3 de agosto |
Publicación do 1º movemento da lista de agarda e cambios de centro |
5 de agosto |
Pagamento da fianza para admitidos/as no 1º movemento |
Do 5 ao 6 de agosto |
Confirmación da permanencia na lista de agarda tras 1º movemento |
Do 5 ao 6 de agosto |
Publicación do 2º movemento da lista de agarda e cambios de centro |
7 de agosto |
Pagamento da fianza para admitidos/as no 2º movemento |
Do 7 ao 8 de agosto |
Confirmación da permanencia na lista de agarda tras 2º movemento |
Do 7 ao 8 de agosto |
Publicación do 3º movemento da lista de agarda e cambios de centro |
11 de agosto |
Pagamento da fianza para admitidos/as no 3º movemento |
Do 11 ao 12 de agosto |
Confirmación da permanencia na lista de agarda tras 3º movemento |
Do 11 ao 12 de agosto |
Publicación do 4º movemento da lista de agarda e cambios de centro |
13 de agosto |
Pagamento da fianza para admitidos/as no 4º movemento |
Do 13 ao 14 de agosto |
Confirmación da permanencia na lista de agarda tras 4º movemento |
Do 13 ao 14 de agosto |
Publicación do 5º movemento da lista de agarda e cambios de centro |
18 de agosto |
Pagamento da fianza para admitidos/as no 5º movemento |
Do 18 ao 19 de agosto |
Confirmación da permanencia na lista de agarda tras 5º movemento |
Do 18 ao 19 de agosto |
Publicación do 6º movemento da lista de agarda e cambios de centro |
20 de agosto |
Pagamento da fianza para admitidos/as no 6º movemento |
Do 20 ao 21 de agosto |
Confirmación da permanencia na lista de agarda tras 6º movemento |
Do 20 ao 21 de agosto |
Renuncia á praza sen causa xustificada e con dereito á devolución da fianza |
Ata o 12 de setembro |
Incorporación aos centros |
Dende o 4 de setembro pola tarde |
Publicación da adxudicación provisional das cotas |
Primeira quincena de setembro |
Prazo de reclamación ás cotas adxudicadas provisionalmente |
10 días naturais (a contar dende o día seguinte á publicación das cotas) |
Publicación da lista definitiva de cotas asignadas |
Despois de resolver as reclamacións |
COTAS E PREZOS
En función da Renda Persoal Dispoñible (RPD), calculada segundo a puntuación económica publicada nas Bases da convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do SUR aprobadas por Consello de Goberno o 30 de abril de 2021 e modificadas o 30 marzo de 2023, establécense as seguintes cotas e prezos para esta convocatoria:
GRUPO I |
|||||
RPD |
Cota |
Prezo / mes |
|||
Cuarto Individual |
Cuarto dobre compartido |
||||
Ata 2.500 € |
A |
62 € |
46 € |
||
Entre 2.500,01 € e 3.800 € |
B |
97 € |
74 € |
||
Entre 3.800,01 € e 5.050 € |
C |
124 € |
104 € |
||
Entre 5.050,01 € e 6.500 € |
D |
160 € |
140 € |
||
Entre 6.500,01 € e 8.999,99 € |
E |
219 € |
171 € |
||
Desde 9.000 € |
F* |
292 € |
251 € |
*Cota dos/as bolseiros/as do Ministerio de Educación e Formación Profesional co compoñente de residencia.
GRUPO II |
||
Cota |
Prezo / mes |
|
Cuarto individual |
Cuarto dobre compartido |
|
F |
292 € |
251 € |
Os prezos correspondentes aos membros da comunidade universitaria con necesidades educativas específicas derivadas dunha condición de discapacidade terán unha bonificación do 10 % respecto das contías que figuran no cadro anterior.
A solicitude de praza deberá realizarse unicamente a través do formulario accesible por vía telemática que figura na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias/acceso-servizo-univers…
Os/as estudantes de nova admisión poderán solicitar praza para o grupo I e para o grupo II marcando as dúas opcións no mesmo impreso.
Presentarase unha única solicitude por persoa, agás no caso de solicitar praza en varios sectores ou nos dous campus (un formulario para Santiago e un formulario para Lugo).
Prazo de presentación
O prazo de solicitude permanecerá aberto dende o día da publicación ata as 14.00 horas do 26 de xuño de 2024.
O documento xerado tras encher o formulario da páxina web deberá ser asinado por todos os membros da unidade familiar.
- Poderán asinalo electronicamente cando todos os membros da unidade familiar dispoñan dun dos sistemas de sinatura electrónica (DNIe, FNMT e Cl@ve). Posteriormente deberán achegalo en formato PDF a través do enlace "Engadir documentación á súa solicitude".
- Cando algún membro da unidade familiar non dispoña de certificado electrónico, poderá imprimir o formulario de solicitude en papel, asinalo manualmente e posteriormente achegalo en formato PDF a través do enlace "Engadir documentación á súa solicitude".
Estudantes de readmisión sen cambios nos membros da unidade familiar:
Tras encher o formulario web presentarán a súa solicitude identificándose coas súas credenciais de usuario e contrasinal da USC.
Resto de solicitantes:
O resto das persoas interesadas para presentar a solicitude deberán identificarse cun dos sistemas de sinatura electrónica aceptados pola USC (certificado electrónico do Documento Nacional de Identidade (DNIe), sinatura da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou Cl@ve).
Para poder identificarse precisa ter instalada a ferramenta Autofirma que poderá descargar gratuitamente a través da seguinte ligazón:
https://sede.serviciosmin.gob.es/es-es/firmaelectronica/paginas/autofir…
Se vostede non dispón de sinatura electrónica pode obtela a través dun dos seguintes enlaces:
- Cl@ve: https://clave.gob.es/clave_Home/clave.html
- FNMT (certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre): https://www.sede.fnmt.gob.es/certificados/persona-fisica
Non se tramitarán nin serán tidas en conta as solicitudes que non se presenten a través do formulario accesible por vía telemática ou que non completen o proceso de presentación que inclúe no seu último paso a sinatura electrónica.
Guía de como presentar unha solicitude con certificado electrónico
Guía de como presentar unha solicitude con Cl@ve
Como presentar unha solicitude despois dun fallo na firma
Os/as estudantes de readmisión sen cambios nos membros da unidade familiar non teñen que achegar ningunha documentación.
O resto dos/as solicitantes deberán achegar, ademais do formulario de solicitude asinado por todos os membros da unidade familiar, a documentación que lle corresponda segundo o indicado no punto 6 das Bases da convocatoria ordinaria de prazas do SUR que pode consultar no seguinte enderezo:
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/120461/carga.htm
O estudantado de Programas de Doutoramento que presente unha nova solicitude deberá achegar a certificación académica na que figure a nota media dos estudos que lle deron acceso ao programa que estea a cursar. A cualificación media destes estudos será tida en conta no caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas.
No caso de ter que entregar nova documentación unha vez finalizada e presentada a solicitude, deberá facelo a través do enlace de “Engadir documentación a súa solicitude”:
https://aplicacions.usc.es/surweb/Paginas/frmConsultarEstado.aspx?Cultura=gl
As persoas solicitantes de praza deberán achegar a documentación requirida, xunto co formulario xerado na páxina web, durante o proceso de presentación da solicitude na pantalla "Presentar solcitude. Adxunte a documentación necesaria para cumprimentar a solicitude (formato PDF)".
No caso de ter que entregar nova documentación unha vez finalizada e presentada a solicitude, deberá facelo a través do enlace "Engadir documentación á súa solicitude".
Como engadir documentación a unha solicitude xa presentada
PAGAMENTO DA FIANZA PARA A RESERVA DA PRAZA
As persoas admitidas deberán aboar a cantidade de 150 € en concepto de fianza de reserva de praza no prazo que lles corresponda.
O pago poderá realizarse a través do enlace desta páxina web, por medio de tarxeta de crédito ou de débito, ou imprimindo o recibo de aboamento bancario que deberá facerse efectivo no banco que nel figura. De non cumprirse este trámite enténdese que renuncia á praza concedida.
O pagamento da fianza dunha praza do Grupo II supón a renuncia á praza solicitada no Grupo I, e viceversa.
CONFIRMACIÓN DE PERMANENCIA NA LISTA DE AGARDA
As persoas que queden na lista de agarda e desexen seguir optando a unha praza no SUR, deberán confirmalo no prazo establecido en cada publicación a través do enlace desta páxina web. De non facelo, entenderase que desisten da súa petición de permanecer na lista de agarda.
Servizo Universitario de Residencias (SUR)
- Pavillón de Estudantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 525
- 881 815 246
- 881 814 560
- sur [at] usc.es