O Servizo Universitario de Residencias (SUR) ofrece aloxamento a persoas que, non sendo membros da comunidade universitaria da USC, sexan invitadas a realizar algunha actividade docente, investigadora ou cultural.
O persoal da USC que por razóns de traballo o precise, tamén poderá aloxarse puntualmente como invitado no SUR.
Considérase visitante ou invitada toda persoa que, non sendo membro da comunidade universitaria da USC, vaia realizar algunha actividade docente, investigadora ou cultural.
A reserva de aloxamento para visitantes deberá ser realizada por calquera das estuturas orgánicas da USC (departamentos, decanatos, etc), así como por unha administración pública ou entidade cultural ou deportiva previamente autorizada.
O/A profesor/a ou director/a dun grupo de investigación poderá facer unha reserva para os seus investigadores/as invitados/as.
O persoal da USC poderá aloxarse puntualmente nos cuartos de invitados nos centros do SUR por razóns laborais. Deberá efectuar a solicitude de aloxamento a través do formulario habilitado para o persoal da USC nesta páxina web.
A reserva poderá realizarse dende o mes anterior á estancia solicitada. É dicir, para ocupar un cuarto, aínda que sexa unha ou dúas veces á semana, será preciso realizar unha reserva de aloxamento de días soltos que se poderá facer para un período máximo de tres semanas dende o mes previo á data de reserva.
Non se atenderán solicitudes de reserva que se fagan con meses de antelación ou que engloben un período superior a tres semanas de estancia.
Por outra parte, o persoal da USC poderá facer uso dos cuartos dispoñibles nos centros do SUR a través da Convocatoria de verán sen as limitacións dos parágrafos anteriores.
O persoal doutras Universidades poderá solicitar praza de aloxamento para o verán a través do enlace habilitado na Convocatoria de verán. A solicitude poderá ser tanto para o propio solicitante como para os seus acompañantes.
A solicitude deberá ser realizada a través dos formularios web que se atopan nesta páxina:
No momento de encher a solicitude mostraranse as prazas de aloxamento dispoñibles para o período indicado. Unha vez cuberto o formulario recibirá un correo indicándolle que a súa solicitude foi tramitada.
O Servizo Universitario de Residencias (SUR) comprobará que os datos do formulario estean debidamente cubertos. Posteriormente, tanto a persoa solicitante como a visitante recibirán un correo electrónico aceptando a reserva.
En caso contrario, o/a solicitante recibirá un aviso para subsanar os erros observados entrando de novo na solicitude web.
O pagamento da estancia poderá ser realizado:
- Pola persoa visitante/invitada: mediante tarxeta de crédito/débito a través dun enlace que se enviará por correo electrónico dende o Servizo na semana anterior á chegada á residencia ou colexio.
- Por un órgano da USC: mediante un cargo interno que será emitido, previa recepción da correspondente autorización asinada.
- Por outra administración ou entidade cultural ou deportiva autorizada: mediante transferencia bancaria ao número de conta do SUR.
As cancelacións e modificacións das reservas deberán ser comunicadas ao SUR, enviando un correo electrónico ao enderezo sur [at] usc.es
A cancelación dunha reserva deberá ser solicitada cunha antelación mínima de 7 días. Neste caso non comportará cargo algún.
De non mediar comunicación que xustifique a anulación no prazo indicado, a persoa, órgano ou administración solicitante, deberá realizar o pago completo do aloxamento.
A modificación das datas da reserva deben ser solicitadas cunha antelación mínima de 7 días á data de entrada na residencia ou colexio maior.
O Rexistro de actividades de tratamento de datos da USC contempla a recollida da información necesaria para tramitar as peticións de aloxamento no SUR. Os datos proporcionados polos/as interesados/as, ou persoal da USC autorizado, recóllense a través do formulario web.
As persoas visitantes ou invitadas deberán entregar a autorización do tratamento de datos asinado antes da súa incorporación ao centro onde se vaian aloxar.
Servizo Universitario de Residencias (SUR)
- Pavillón de Estudantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 525
- 881 815 246
- 881 814 560
- sur [at] usc.es