Servizos e tarifas da Unidade de Tabaquismo e Trastornos Adictivos.
O catálogo de prestacións abrangue:
- Tratamento e intervención psicolóxica con persoas fumadoras en formato individual ou grupal.
- Intervención psicolóxica con persoas fumadoras co apoio dunha app para deixar de fumar.
- Atención a persoas fumadoras con alta dependencia do tabaco ou cun consumo moi alto de cigarros.
- Abordaxe de persoas fumadoras que teñen que deixar de fumar pola presenza de problemas físicos ou enfermidades: cardiovasculares (ex., hipertensión, infarto etc.); respiratorias (ex., asma, EPOC etc.) ou outras enfermidades producidas polo tabaco.
- Atención a persoas fumadoras ás que lles preocupa o incremento de peso ao deixar de fumar.
- Programa para deixar de fumar por correo postal: aplicación do programa para deixar de fumar a través do correo postal con apoio telefónico.
- Tratamento e intervención psicolóxica en persoas con problemas aditivos (cannabis, cocaína, xogo patolóxico, alcoholismo, adiccións tecnolóxicas).
- Tratamento e intervención psicolóxica para persoas con adiccións e psicopatoloxía asociada (ex., depresión, ansiedade, trastornos psicóticos).
- Colaboración co Servizo de Vixilancia da Saúde da USC no tratamento de persoas fumadoras e apoio psicolóxico a traballadores da USC.
- Atención a estudantes da USC que desexan deixar de fumar.
- Programas de asesoramento a profesionais nas distintas adiccións.
- Información e apoio para pais e nais de consumidores de substancias.
- Información, asesoramento e apoio para pais e nais con fillos e fillas con problemas coas novas tecnoloxías.
- Asesoramento sobre programas preventivos de adiccións.
- Asesoramento internacional sobre políticas de drogas.
Os tratamentos son gratuítos para o persoal da USC.
Os ingresos obtidos destínanse a garantir a sustentabilidade económica da Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos e a mellorar a eficacia dos tratamentos e intervencións psicolóxicas que se aplican nela.
Todos os pagamentos fanse a través do servizo de facturación da USC.
Consello psicolóxico individual para persoas con adicións | Gratuíto |
Programa para deixar de fumar en formato grupal | Gratuíto |
Programa para deixar de fumar en formato individual (cada 3 sesións) | 56,10 € |
Intervención e tratamento psicolóxico individual de fumadores con grave risco para a súa saúde (ex., infarto recente, enfisema, cancro etc.) | Gratuíto |
Consello psicolóxico para pais con fillos con problemas adictivos | Gratuíto |
Programa para deixar de fumar por correo postal | 56,10 € |
Avaliación psicolóxica completa para persoas con problemas de adicións, agás tabaco (ata 3 sesións co seu correspondente informe) | 56,10 € |
Tratamento e intervención psicolóxica de trastornos adictivos, agás tabaco (cada 3 sesións) |
56,10 € |