Redución de riscos para a maternidade na USC.
A USC dispón dunha instrución sobre as actuacións a levar a cabo para evitar a exposición no posto de traballo a posibles riscos para a maternidade.
A protección prevista no procedemento non se activará se a traballadora non comunica o seu estado de embarazada/ parto recente/ período de lactación, xa que o embarazo permanece no ámbito do dereito á intimidade da muller traballadora, en tanto non decida noutro sentido.
Por iso, para a protección da súa saúde, a do feto ou do lactante, sempre que se atope en situación de embarazo/ parto recente/ período de lactación, debería comunicalo enviando o formulario web de comunicación de embarazo ou entregando no Servizo de Vixilancia da Saúde o impreso de notificación de embarazo.
Servizo de Vixilancia da Saúde
- Casa de Vivendas de Funcionarios
- Avenida das Ciencias, 7, 15782Santiago de Compostela
- 881 814 520
- vixilanciasaude [at] usc.es
Servizo de Vixilancia da Saúde
- Edificio Administrativo Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 823 446
- 982 823 444