O saber xerado polo Seminario de Estudos Galegos acende a reflexión nas aulas da USC nunha nova vaga de Faíscas Culturais
A exposición itinerante e divulgativa ‘Saber de Nós. Unha ollada ao centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos’ servirá de contexto para diferentes intervencións que prenderán a reflexión e o espírito crítico do alumnado nas aulas da USC