‘Ciencia á Feira’ visitará oito concellos da provincia de Lugo da man do grupo de innovación docente XuvenCiencia
O proxecto interxeracional de fomento da cultura científica impulsado desde o Campus Terra da USC e apoiado pola FECYT abordará cuestións ligadas coas enfermidades transmitidas polas carrachas, a xestión sustentable da auga ou os microenxertos e microrrizas en mercados e centros educativos de Burela, Muras, Mondoñedo, Friol, Navia de Suarna, O Incio, A Proba do Brollón e Sober