XuvenCiencia abre a preinscrición no seu Campus de Verán, que se celebrará en Lugo do 2 ao 8 de xullo
A undécima edición do campamento de divulgación científica do grupo XuvenCiencia da USC ofrece 95 prazas para participar en 16 proxectos, ademais dun amplo programa de lecer que inclúe obradoiros de saúde emocional, artes escénicas, Desing Thinking, videocreación, cuantificación de gases e visitas culturais pola cidade de Lugo, así como a centros sanitarios e a empresas tecnolóxicas agroalimentarias