Ir o contido principal

Actualidade

A ‘nova normalidade’ aséntase na USC

A Biblioteca Universitaria abre as súas salas de lectura a partir do 25 de xuño e o Servizo de Deportes xa permite o acceso ao pavillón polideportivo para a práctica de bádminton e tenis de mesa, así como os deportes ordinarios da instalación de forma individual e sen contacto, alén de manter aberta a inscrición nos seus Cursos de Verán

Ler máis

O verán comeza o sábado 20 ás 23.44 horas

A partir de agora existe a posibilidade de poder observar con prismáticos e ao amencer, o cometa C/2020 F3 (NEOWISE), que foi descuberto hai tres meses. O cometa verase mellor ao longo do mes de  xullo, sobre todo, na segunda quincena

Ler máis
  • USC Vida

EPSE, unha escola de enxeñaría con visado internacional

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC convértese no primeiro centro universitario de Galicia que acada a acreditación de calidade EUR-ACE® para os cinco títulos habilitantes que imparte logo da concesión deste selo internacional ao grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e ao máster en Enxeñaría Agronómica

Ler máis

Reabre o estadio de atletismo

A través da páxina web do Servizo de Deportes xa se poden realizar reservas de uso. Os membros da comunidade universitaria da USC, así como atletas con licenza federativa maiores de 14 anos, poderán beneficiarse destas instalacións. É imprescindible estar rexistrado como persoa usuaria do Servizo de Deportes. Os atletas deberán adquirir o ‘Abono federados’

Ler máis