Skip to main content

Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE)

O Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) é un centro propio da Universidade de Santiago de Compostela, promovido por oito grupos de investigación e constituído oficialmente por decisión do Consello de Goberno o día 25 de marzo de 2010.

O CIPCCE ten encomendado o estudo científico dos fenómenos de emerxencia artístico-literaria e, máis en xeral, dos procesos culturais emerxentes. A prioridade fíxase na emerxencia literaria, artística e cultural no mundo actual, sen restrición a marcos territoriais ou lingüísticos específicos, polo que o ámbito de investigacións abrangue coordenadas abertas, entre o local e o global, referidas a manifestacións de carácter nacional ou internacional, así como a prácticas culturais asociadas a comunidades, colectivos ou mesmo axentes individuais.

O CIPPCE ocúpase igualmente de analizar a reacción das disciplinas tradicionais perante as novas realidades culturais sinaladas e a aparición correlativa de alternativas metodolóxicas e heurísticas.

O Centro ten a súa sede nas dependencias da Facultade de Filoloxía, á que están adscritos cinco dos oito grupos de investigación promotores.

Directorio

Directora

María Xesús Nogueira Pereira

Address
Facultade de Filoloxía / Campus Norte. 15782 Santiago de Compostela Galicia - España
Phones
881 811 787
Email
mariaxesus.nogueira@usc.gal

Secretaria

Felisa Rodríguez Prado

Address
Facultade de Filoloxía / Campus Norte. 15782 Santiago de Compostela Galicia - España
Phones
881 811 772
Email
felisa.prado@usc.gal
The contents of this page were updated on 04.23.2024.