Ir o contido principal

Plan Formativo Campus Terra 2025

Análise de Modelos de Ecuacións Estructurais utilizando o Software AMOS

26.05.2025-28.05.2025 | 09.30h-13.30h

Online

Organizador: Facultade de Administración e Dirección de Empresas

Curso de formación metodolóxica orientado a PDI e aplicado a distintas disciplinas científicas que ten por obxecto a utilización do Software AMOS permitindo utilizar facilmente o modelado de ecuacións estruturais (SEM) para probar hipóteses sobre relacións variables complexas e obter novas perspectivas.

Imaxe do curso
Imaxe do curso

O curso, impartido por Vicente González, Inés Tomás e Ana Hernández, profesores do Departamento de Psicología Social y Metodología de las Ciencias del Comportamiento de la Universidad de Valencia, ten como obxectivo comprender os modelos de ecuacións estructurais, definilos utilizando relacións relevantes, aprender a estimalos utilizando o software AMOS e aprender a interpretar os resultados. Trátase dunha ferramenta imprescindible na investigación na área de empresa. 

Programa do curso:

  1. Introdución aos modelos de ecuacións estruturais: Introdución; Compoñentes do modelo; Hipótese básica e modelos; Identificación do modelo; Estimación de parámetros; Avaliación do axuste e interpretación; Comparación de modelos aniñados e Re-especificación do modelo.
  2. Análise Factorial Confirmatoria (AFC): Introdución ao AFC; Modelos unifactoriales: Axuste e interpretación; Modelos multifactoriales: Axuste e interpretación e Modelos de 2º orde.
  3. Modelos causales: Introdución; Modelos causales con variables observadas (Path Analysis): estimación, axuste e interpretación; Modelos causales con variables latentes: estimación, axuste e interpretación e Exemplos con AMOS. 

As persoas interesadas en participar neste curso poden formalizar inscrición a través da seguinte ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.04.2025.