Organizador: Facultade de Veterinaria
Este seminario, dirixido a alumnado e PDI, ten como obxectivo comprobar a utilidade das novas tecnoloxías de monitorización de actividades do gando vacún en extensivo e a súa importancia na xestión eficiente da explotación.

O gran desenvolvemento tecnolóxico dos últimos 30 anos supuxo a aparición dun novo modelo de traballo: a gandería de precisión ou gandería 4.0. Para facer fronte aos retos e desafíos aos que se enfronta actualmente a gandería é necesario realizar unha formación continua especialmente no uso das novas ferramentas tecnolóxicas e isto, sen dúbida, vai xerar a aparición dun novo perfil profesional que se encargue do procesamento dos datos obtidos polos sistemas de vixilancia para a toma de decisións a nivel de campo. Sobre esta temática versa este seminario que forma parte do Plan Formativo do Campus Terra e terá lugar o 11 de abril na Facultade de Veterinaria.
Os obxectivos deste seminario, que vai ser impartido por Elio López, CEO de Innogando, son dar a coñecer e incentivar o uso das novas tecnoloxías na gandería de precisión, implementar prácticas sostibles na protección e no benestar animal, entender as necesidades de dixitalización no sector enfocados especialmente a os novos perfís profesionais e aplicar a monitorización e sensorización nas actividades fisiolóxicas dos animais (pastar, rumiar, camiñar, comer, descansar, xogar, etc) para a obtención de datos útiles na xestión das explotacións.
Ofértanse 25 prazas para este seminario que xa ten aberto o seu proceso de inscrición na seguinte ligazón