Ir o contido principal

Curso 'Uso da ferramenta antiplaxio Turnitin'

22.05.2018

Imaxe representativa
Imaxe representativa

Dende marzo de 2018 temos na USC 2.000 licenzas da ferramenta antiplaxio Turnitin (ata febreiro de 2018 había 1.000 licenzas). Estas licenzas son repartidas polos propios centros entre o seu profesorado. O obxectivo é que cada profesor/a que dirixa TFG/TFM/Tese dispoña dunha licenza de instrutor/a. Neste senso, debe terse en conta que un/unha profesor/a coa súa conta de instrutor/a pode revisar todos os TFG, TFM e teses que titorice na USC.

Ante esta situación, e con motivo da ampliación do número de licenzas da ferramenta antiplaxio TURNITIN, dende a Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, organízase o curso de formación “Uso da Ferramenta Antiplaxio Turnitin”, destinado ao profesorado do Campus Terra que dirixa TFG/TFM/Tese e que posúa a licenza da ferramenta antiplaxio Turnitin.

  • Actividade Formativa: “Uso da Ferramenta Antiplaxio Turnitin”
  • Data: 22 e 23 de maio de 2018 (de 11:00 a 14:00 horas)
  • Duración: 12 Horas (6 presenciais e 6 de traballo online)
  • Período de Inscrición: dende o 23 de abril de 2018 ás 09:00 horas ata o 06 de maio ás 24:00 horas.
  • Destinatarios: profesorado do Campus Terra que dirixa TFG/TFM/TESES e que posúa a Licenza da Ferramenta Antiplaxio Turnitin.
  • Nº de prazas: 15 (cubriranse por rigoroso orde de inscrición)
  • Lugar de celebración da acción formativa: Aula e-Terra (Biblioteca Intercentros do Campus Terra).
  • Organiza: Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
  • Actividade de formación totalmente gratuíta e recoñecida polo PFID.
  • Enviarase o formulario de inscrición totalmente cuberto ao correo electrónico margarita.vilela [at] usc.es (margarita[dot]vilela[at]usc[dot]es)
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2022.