Organizador: Escola Politécnica Superior
No curso, eminentemente práctico, trataranse en detalle materiais, ferramentas e técnicas específicas de deseño de maquetas e prototipos con titoríais e estudos de casos.

Un enfoque integral de creación de prototipos modernos é fundamental para tomar decisións fundamentadas en proxectos de enxeñería e robótica e constitúe unha parte estratéxica do conxunto de ferramentas dun deseñador de produtos exitoso. Este curso, promovido pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e impartido polos profesores Enrique Comesaña e Carlos Núñez ten como obxectivos o deseño de maquetas e prototipos en proxectos de enxeñería para comprender os problemas de deseño, explorar solucións máis imaxinativas, investigar máis a fondo a interacción humana e probar a súa funcionalidade.
Debuxo paramétrico e operacións 3D con Fusion 360, debuxo de estruturas con Fusion 360, fundamentos de corte laser e impresión 3D e preparación de modelos e preprocesado para a fabricación serán parte dos contidos que se tocarán neste curso dirixido a PDI, alumnado e sector produtivo que se desenvolverá de maneira presencial e virtual.
As persoas interesadas en participar neste curso poden inscribirse na seguinte ligazón.