Organizador: Escola Politécnica Superior
No curso, eminentemente práctico, trataranse en detalle materiais, ferramentas e técnicas específicas de fabricación de maquetas e prototipos con titoríais e estudos de casos.

Un enfoque integral de creación de prototipos modernos é fundamental para tomar decisións fundamentadas en proxectos de enxeñaría e robótica. Este curso, promovido pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e impartido polos profesores Enrique Comesaña e Carlos Núñez, ten como obxectivo final a fabricación e implementación práctica de maquetas e/ou prototipos para proxectos de enxeñaría, que permita comprender os problemas de fabricación e as especificacións de funcionamento nominais dun sistema mecánico e as súas limitacións.
Deseño de esquemáticos para impresoras 3D e cortadoras láser, automatización e sensórica, xeración de ficheiros e fabricación do prototipo e soldadura serán parte dos contidos que se tocarán neste curso dirixido a PDI, alumnado e sector produtivo que se desenvolverá de maneira presencial e virtual e con flexibilidade.
As persoas interesadas en participar neste curso poden inscribirse na seguinte ligazón.