Organizador: Escola Politécnica Superior
As persoas participantes neste curso coñecerán as tecnoloxías de contedores e a súa importancia para integralas no seu proceso de administración de sistemas.

O Campus Terra da USC achega formación sobre as prestacións do programa Docker a docentes e investigadores, estudantado universitario así como a axentes do sector produtivo, a través dun curso impartido por Rafael Rodríguez Gayoso e coordinado polo profesor da EPSE, Xosé Ramón Fernández Vidal, e cuxas sesións presenciais se desenvolverán na escola os días 23, 24 e 28 de abril. A sesións virtuais deste programa serán os días 29 e 30 de abril.
O curso de iniciación a Docker, para o que xa está aberto o prazo de inscrición en liña, estase a converter nunha das solución máis solicitadas para levar a cabo as implantacións de servizos na nube. Ao rematar o curso, e grazas ao carácter práctico do mesmo, o alumnado participante terá os coñecementos necesarios para a xestión de contedores Docker nun entorno de servidor GNU/Linux.
O curso presentado é eminentemente práctico, de xeito que o alumando adquira as destrezas necesarias para trasladar os coñecementos aos seus proxectos software. Os destinatarios tamén poden ser egresados máis ou menos recentes, con coñecemento básico de Linux. En especial, inclúese tamén o colectivo de profesores de materias STEM de ensino secundario que poidan atopar soporte para a mellora da súas actividades docentes nas materias de Tecnoloxía.