Organizador: Facultade de Veterinaria
O obxectivo deste seminario é que os alumnos amplíen os coñecementos transversáis achegandoos a realidade do traballo en campo desenvolvido polos profesionais da mellora xenética animal.

O seminario, que terá lugar o próximo luns 24 de marzo no Seminario da Área Produción Animal da Facultade de Veterinaria, será impartido por Fernando Rego, técnico de apareamento en Africor Lugo, que explicará o funcionamento de aplicacións informáticas para a realización de apareamentos en granxa de vacún de leite que optimizan a mellora xenética, empregando casos reais, como acción formativa de iniciación ao ámbito da mellora xenética en gando vacún de leite.
Trátase de achegar a realidade do campo neste ámbito aos estudantes, xerando un debate aberto entre estos e os profesionais de campo, que lles permita coñecer de primeira man as particularidades do traballo que desenvolven.
Os interesados en participar neste seminario que forma parte do Plan Formativo Campus Terra 2025 poden inscribirse na seguinte ligazón