Ir o contido principal

Plan Formativo Campus Terra 2025

Teledetección Forestal: Ferramentas e Aplicacións

28.05.2025-30.05.2025 | 09.00h-17.00h

Aula Informática 1, Pavillón 3 da EPS de Enxeñaría

Organizador: Escola Politécnica Superior

Este curso ten como obxectivo proporcionar aos participantes coñecementos básicos de teledetección aplicada á xestión forestal, combinando fundamentos teóricos con prácticas enfocadas no uso de ferramentas especializadas.

Imaxe do curso
Imaxe do curso

O curso, impartido por Fernando Montes do Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria(INIA), Cristina Gómez do Instituto Universitario de Investigación en Gestión Forestal Sostenible da UVA, e Isabel Aulló, investigadora no Instituto de Ciencias Forestales ICIFOR-INIA (CSIC), ofrece unha introdución á teledetección para logo profundar en ferramentas e aplicacións específicas no ámbito forestal. Abordaranse temas como a clasificación de especies así como metodoloxías avanzadas para a detección de cambios. Ao longo dos distintos bloques, os alumnos aprenderán os principios básicos da radiación electromagnética, o funcionamento dos sensores remotos (activos e pasivos) e as principais plataformas utilizadas no seguimento forestal (satélites, aeronaves, drons). Traballarase con imaxes satelitales de misións crave como Landsat e Sentinel-2, utilizando plataformas como EarthExplorer e Google Earth Engine (GEE) para a descarga, filtrado e visualización de datos.

O curso incluirá a análise de series temporais e a aplicación de índices espectrales (NDVI, MSI, NBR, entre outros) para o seguimento de cambios na cuberta forestal. Abordaranse diferentes métodos de clasificación de imaxes, con énfases en técnicas de Machine Learning como Random Forest, Support Vector Machine e Redes Neuronais, aplicadas á clasificación de especies. 
Na última parte do curso, traballarase coa plataforma GEE e ProLand, onde o alumnado aplicarán os coñecementos adquiridos nun caso práctico para seguimento de dinámicas forestais.

O curso, dirixido a alumnado, PDI e sector produtivo, ten aberto o período de inscrición. As persoas interesadas poden inscribirse na seguinte ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.04.2025.