Ir o contido principal

Plan Formativo Campus Terra 2025

A Vida nunha Gota: Bioquímica e Tecnoloxía para Salvar Vidas

22.04.2025 | 18.00h-20.30h

Salón de Actos da Facultade de Ciencias

Organizador: Facultade de Ciencias

A través do caso de Judith, unha persoa afectada por unha enfermidade metabólica rara, abordarase o impacto do cribado neonatal na detección temperá de patoloxías e a súa relación coa equidade en saúde.

Imaxe do Documental
Imaxe do Documental

O seminario basease no documental "La Vida en una Gota" dirixido por Pedro Lendínez, no que aborda o impacto das metabolopatías e a importancia da súa detección temperá a través do cribado neonatal. A película amosa como unha simple gota de sangue extraída na proba do talón pode ser clave para diagnosticar enfermidades metabólicas conxénitas, cuxo tratamento precoz pode mellorar significativamente a calidade de vida das persoas afectadas. Sobre esta base, propóñese un seminario que permita a visualización do documental, seguido dun debate co alumnado. 

O seminario coordinado pola profesora Saskia Flament e impartido polo propio director do documental, Pedro Lendínez, estrutúrase en tres fases:

  • Presentación do proxecto de rodaxe e do equipo do documental.
  • Visionado do documental A Vida nunha Gota.
  • Debate e análise interdisciplinar sobre a importancia do cribado neonatal, abordando aspectos bioquímicos, tecnolóxicos e sociais.

Esta actividade busca non só informar e sensibilizar, senón tamén fomentar o pensamento crítico e o análise bioquímico aplicado a un problema real de saúde pública. A través do documental, do testemuño de Judith e do debate posterior, os particiopantes terán a oportunidade de conectar a súa formación cun caso real, aplicando os seus coñecementos nun contexto interdisciplinar e de relevancia social.

O seminario, que se impartirá en formato híbrido, ten o seu periodo de inscrición aberto a través da seguinte ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2025.