A aceleradora ViaGalicia, á procura do talento emprendedor no Campus Terra da USC
Os detalles da oitava edición da Aceleradora ViaGalicia presentaranse o mércores 23 ás 11.30 horas na planta baixa do edificio Cactus de Lugo. Na presentación intervirán á delegada do reitor para o Campus Terra da USC, Elvira López Mosquera, e o CEO da startup Innogando, Elio López. Esta é unha convocatoria que se dirixe a proxectos ou ideas de negocio, así como a start-up que buscan apoio para o seu desenvolvemento.
ViaGalicia é unha aceleradora de carácter xeneralista para proxectos innovadores de calquera sector produtivo, cun programa conducido por un equipo de especialistas que combina formación, mentoring e financiamento. Dende o pasado ano, Campus Terra participa como sede en Lugo da fase de academia desta acelerador. Nesta fase os proxectos seleccionados por sede, iniciarán unha fase de pre aceleración onde se validan as hipóteses de partida na procura de consolidar proxectos, mediante formación práctica, experimentos lean e traballo en rede.
A oitava convocatoria de ViaGalicia estará aberta ata o 8 de novembro.