Ir o contido principal

Vacas e millo, clima, hortas, linguados e mexillóns, castiñeiros, estradas ou envases; así son as novas investigacións do Campus Terra

AGRIPEMAF é un dos proxectos colaborativos do Campus Terra
AGRIPEMAF é un dos proxectos colaborativos do Campus Terra
Os primeiros proxectos colaborativos desta etapa do Campus Terra puxeron a traballar conxuntamente a distintos grupos de investigación co obxectivo de afondar en cuestións moi relevantes en distintos ámbitos económicos e sociais

Xa o dicía Homero: «A unión fai a forza». E este podería ser, en síntese, o punto de partida dos primeiros proxectos colaborativos activados desde o Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela nesta nova etapa. Unha serie de investigacións centradas en temáticas moi diversas e nas que participan e traballan conxuntamente distintos grupos de investigación.

Estes proxectos tratan de afondar problemas e necesidades concretas que xa forman parte do corpus de especialización do Campus Terra, como a produción vexetal e animal, a xestión forestal sostible ou a alimentación segura. Pero tamén doutros ámbitos de carácter máis transversal cun impacto crítico na economía e a sociedade do noso tempo: cambio climático, infraestruturas verdes…

En conxunto, decenas de investigadores do Campus Terra, procedentes de 29 grupos de investigación distintos, conectaron a súa experiencia e os seus coñecementos en campos tan diversos como a agricultura ou a produción gandeira e forestal, a acuicultura ou as infraestruturas do futuro, por citar algúns exemplos.

A continuación, presentámosvos unha descrición desta primeira relación de proxectos colaborativos impulsados desde o Campus Terra.

AGRIPEMAF afonda nas técnicas de cultivo do millo forraxeiro
AGRIPEMAF afonda nas técnicas de cultivo do millo forraxeiro

Agricultura de precisión con millo forraxeiro

Nunha granxa pecuaria, a alimentación dos animais pode representar ao redor do 70% dos custos de explotación. É por iso que calquera mellora relacionada con este ámbito pode acabar creando un impacto estrutural en agricultores e gandeiros. 

E iso é, precisamente, o que fai o proxecto colaborativo AGRIPEMAF. Unha investigación que pon ao dispor de gandeiros e agricultores un novo procedemento para a toma de decisións á hora de cultivar millo forraxeiro. Unha técnica altamente fiable chamada a elevar os estándares de produtividade.

Basicamente, os responsables desta investigación están a utilizar os mapas de rendemento obtidos polas colleiteiras autopropulsadas de forraxe para optimizar a sustentabilidade ambiental e económica das explotacións de vacún de leite.

O legado das hortas urbanas, a exame

Dun tempo para acó, convertéronse nunha parte da paisaxe de multitude de cidades, vilas e pobos españois. Unha forma de lecer para algúns, de axuda para outros. De compañía para case todos. As hortas urbanas son hoxe un exemplo singular dunha nova forma de xestionar os espazos urbanos.

Vista dunha horta urbana en Lugo
Vista dunha horta urbana en Lugo

E é esa razón, entre outras, a que levou ao grupo NOMOHOLU, integrado por cinco grupos de investigación de cinco áreas distintas, a activar un proxecto colaborativo cuxo título fala por si só: «Novos modelos de hortas en Lugo e a súa contorna: saberes agroecológicos, seguridade alimentaria e resiliencia local».

Os eixos de traballo desta iniciativa investigadora do Campus Terra orbitarán ao redor de distintas vías de análises. O coñecemento agroecológico desenvolvido á calor da xestión destes espazos de produción, o papel que realizan para garantir a seguridade alimentaria e a achega das hortas urbanas en materia de xestión do territorio.

Benvid@s á era das infraestruturas sostibles

Coa xestión do territorio, de como o ordenamos e transformamos, está relacionado tamén o seguinte proxecto colaborativo. O enunciado do mesmo é toda unha declaración de intencións: Deseño óptimo de infraestruturas sostibles (DOIS).

O deseño de infraestruturas ten que engadir a variable da sostenibilidade
O deseño de infraestruturas ten que engadir a variable da sostenibilidade

Unha investigación de alto nivel cun potencial transversal. Á fin e ao cabo, o progreso de calquera territorio está directamente conectado coa mellora e desenvolvemento da rede viaria. O proxecto impulsado desde o Campus Terra quere engadir a este obxectivo unha derivada igualmente crítica nesta era: a ambiental e sostible, en conexión obviamente coa económica e social.

Que propón o proxecto DOIS? Basicamente, utilizar a tecnoloxía para despregar técnicas de simulación que permitan optimizar o deseño de carreteas, liñas de ferrocarril e camiños forestais.

CLIMIGAL: Cereais, clima, micotoxinas

O seguinte proxecto colaborativo conecta un vector xa abordado previamente noutro proxecto, o millo forraxeiro, cunha das grandes preocupacións desta era: o cambio climático. Basicamente, o proxecto CLIMIGAL analiza a presenza de micotoxinas (compostos tóxicos produtivos principalmente por especies de Fusarium, Aspergillus e Penicillium) que colonizan cereais e outras materias primas durante as fases de cultivo, transporte, procesado e almacenamento.

O clima inflúe de maneira decisiva na incidencia destas especies. Variables como os aumentos de temperatura e CO2, a intensidade e distribución das choivas ou os fenómenos meteorolóxicos extremos poderían afectar tanto as especies de fungos dominantes como á súa capacidade de producir micotoxinas.

O proxecto CLIMIGAL analiza a presenza de micotoxinas
O proxecto CLIMIGAL analiza a presenza de micotoxinas

Os impulsores do proxecto CLIMIGAL caracterizaron a poboación de especies de Fusarium en millo forraxeiro en Galicia a partir de mazorcas recollidas en campo entre os anos 2012 e 2020. Paralelamente, analizaron máis de 300 mostras de diversas materias primas, subproductos e ensilaxes utilizadas na alimentación do gando vacún.

En definitiva, un traballo de alto valor para determinar o impacto do cambio climático nunha serie de insumos críticos para explotacións como as lácteas. E unha vía para profundar nas garantías da seguridade alimentaria.

O cambio climático e a fecundidade das vacas

Que o cambio climático é unha das grandes preocupacións do momento é un feito incontrovertible. Unha inquietude transversal, da que nada nin ninguén pode subtraerse. É por iso seguramente que varios dos primeiros proxectos colaborativos lanzados desde o Campus Terra teñen esta derivada como un vector central das súas investigacións.

O obxectivo do seguinte que vos expomos fala por si só: «Estudo do cambio climático sobre a saúde e benestar, eficiencia reprodutiva e calidade do leite nas explotacións lácteas da provincia de Lugo».

Este proxecto colaborativo analiza as tasas de fecundidade e a calidade do leite
Este proxecto colaborativo analiza as tasas de fecundidade e a calidade do leite

A investigación parte dunha derivada xa confirmada. O THI (índice temperatura humidade) no inverno foi inferior a 68, mentres que nos meses máis calorosos do ano situouse por encima de 72. Este dato dá conta da aparición dun estrés leve a moderado durante os meses máis cálidos, o que derivou nunha serie de consecuencias nas explotacións lácteas.

Basicamente, peores signos de celo no verán fronte ao inverno, ademais duns índices de proxesterona en sangue máis elevados. Como consecuencia de todo iso, rexistráronse peores taxas de fecundidade, de forma significativa en agosto.

Sabela, ou a saúde dos primeiros días nunha granxa láctea

Da importancia da industria láctea para o sector primario galego hai poucas dúbidas. As cifras aválano: máis de 1.300 millóns de euros de ingresos xerados pola venda de leite, líder en produción nacional con 2,9 millóns de toneladas… É por iso que o Campus Terra converteuse nunha das puntas de lanza da investigación e o coñecemento relacionado con esta industria.

O proxecto Sabela analiza as implicacións da separación da cría e o seu amamantamento
O proxecto Sabela analiza as implicacións da separación da cría e o seu amamantamento

E o proxecto colaborativo Sabela é outra mostra máis desa liña de traballo. Esta investigación analiza as implicacións relativas á separación da cría e a súa amamantamiento no vacún de leite. En concreto, estuda as derivadas relacionadas coa saúde e o benestar animal.

Sabela trata de achegar coñecemento de alto valor en relación con esta práctica. Como? Utilizando referencias bibliográficas, enquisas de motivación dos gandeiros e medicións de niveis hormonais do estrés. O obxectivo dos impulsores desta iniciativa é achegar alternativas que, desde un enfoque científico, redunden na mellora da saúde e o benestar dos animais.

Ás portas do linguado de piscifactoría

E dun alimento a outro. Dun piar da nosa dieta a outro. En realidade, dun piar que haberá de ser. Sobre todo, se prosperan investigacións como a que se está impulsando desde o Campus Terra. O seu título poida que sexa menos ilustrativo que outros precedentes, pero a súa importancia para o futuro da acuicultura a nivel global está fóra de toda dúbida: «Estudo morfolóxico e xenómico do sistema olfativo do linguado senegalés (Asolla senegalensis) e o seu papel na reprodución en catividade (SOLREP)».

E é que o linguado senegalés converteuse nunha das especies máis prometedoras para a acuicultura europea. Atopar especies de alto valor que se poidan cultivar, caso deste linguado, será vital para garantir os niveis de consumo de peixe tendo en conta os altos niveis de estrés aos que están sometidos moitos dos grandes caladoiros pesqueiros a nivel global.

O principal problema para cultivar linguado senegalés ten que ver coa reprodución
O principal problema para cultivar linguado senegalés ten que ver coa reprodución

O principal problema no caso desta especie ten que ver coa reprodución. O proxecto impulsado desde o Campus Terra traballa xa na comunicación química mediada polo sistema olfativo, clave para superar este obstáculo e progresar nos programas de selección.

Os responsables desta investigación están a abordar a tarefa desde unha perspectiva multidisciplinar anatómico-xenómica co fin de achegar solucións ao sector acuícola.

BreveRiesgo: Máis seguridade ao consumir mexillóns

E dunha investigación de futuro, pasemos a outra de presente. Só en Galicia, a industria do mexillón representa o 96% da produción acuícola de moluscos bivalvos. As máis de 3.000 bateas repartidas polas rías galegas, especialmente a de Arousa, empregan a unhas 18.000 persoas de forma directa ou indirecta. Garantir a viabilidade e eficiencia deste sector é, así pois, un compromiso social e económico.

As BTXs considéranse toxinas emerxentes en Europa
As BTXs considéranse toxinas emerxentes en Europa

E esa é unha das razóns que deu pé ao proxecto BreveRiesgo. Unha investigación do Campus Terra que trata de analizar o risco alimentario potencial asociado ás Brevetoxinas, que poderían chegar ao consumidor, a través da inxesta de mexillóns.

As BTXs considéranse toxinas emerxentes en Europa, pero non existe unha regulación ad hoc para as mesmas. O obxectivo deste proxecto colaborativo é avaliar o posible risco alimentario das BTXs a través de estudos de toxicidade oral in vivo que permitan definir as condicións de inocuidade do marisco.

CASTEXEN, o valor de catalogar o patrimonio forestal

Pola súa banda, o proxecto CASTEXEN poñerá o foco sobre un tema de enorme relevancia nun territorio como Galicia: a catalogación e posta en valor do patrimonio forestal. En concreto, esta investigación proponse localizar castiñeiros inseridos en cultivares tradicionais de variedades non catalogadas en zonas rurais de montaña.

O proxecto CASTEXEN determinará a análise xenómica SSR dalgunhas variedades de castiñeiros
O proxecto CASTEXEN determinará a análise xenómica SSR dalgunhas variedades de castiñeiros

Para conseguilo, os investigadores do Campus Terra utilizan modelos MaxEnt e SIX, o que permite crear un modelo robusto e preditivo. Paralelamente, os impulsores deste proxecto colaborativo realizan tomas de mostras in situ para determinar a análise xenómica SSR da variedade e a dendrocronológica co obxectivo de datar a antigüidade dos castiñeiros estudados.

DURAMAIS, un novo envase creado en Campus Terra

O último, pero en ningún caso o menos importante dos proxectos colaborativos impulsados desde o Campus Terra foi bautizado como DURAMAIS. E pode supoñer un avance moi notable para a industria alimentaria. Nun exercicio de síntese, o traballo dos investigadores permitiu desenvolver films con antioxidantes catalíticos para o envasado activo de alimentos.

DURAMAIS pode supoñer un avance moi notable para a industria alimentaria
DURAMAIS pode supoñer un avance moi notable para a industria alimentaria

Os films de alginato (un polímero orgánico moi habitual en algas) fabricados incorporan un complexo catalítico antioxidante, mimético das encimas antioxidantes naturais. Este composto regula a concentración de especies reactivas de osíxeno, o que ao cabo permitiría facilitar a conservación dos alimentos envasados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2023.