Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Antón & Maite ‘Piano Dúo’ actúan este xoves 16 ás 20.00h na Casa do Saber

Antón & Maite ‘Piano Dúo’ actúan este xoves 16 ás 20.00h na Casa do Saber
Antón & Maite ‘Piano Dúo’ actúan este xoves 16 ás 20.00h na Casa do Saber
A Casa do Saber acolle este xoves 16 de maio, a partir das 20.00h, a actuación de Antón &amp; Maite ‘Piano Dúo’ no marco do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ que impulsa a novos creadores e...
Lugo

A Casa do Saber acolle este xoves 16 de maio, a partir das 20.00h, a actuación de Antón & Maite ‘Piano Dúo’ no marco do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ que impulsa a novos creadores e intérpretes dentro da música clásica e que se financia a través do convenio Lugo Cultural integrado por USC, Concello e Deputación de Lugo.

 

Antón e Maite conforman un dúo español de proxección internacional. Teñen ofrecido recitais en países como España, Austria, Polonia e China, actuado en salas como o Auditorio de Zaragoza ou o Gran Teatro de Harbin (China). A prensa musical descríbeos como un dúo "con gran sensibilidade e gusto musical", ademais de "amosar unha perfecta sincronización entre ambos os dous pianistas”.

 

Gañadores do 1º Premio no Concurso Internacional de música de cámara Mirabent i Magrans, contan tamén co 2º Premio no Concurso Mocidades Musicais de España, 2º Premio no Concurso Internacional Antón García Abril, 2º Premio no Concurso Internacional de Panticosa e 3º Premio no Concurso Internacional Martha Debelli.

 

O dúo formouse no Conservatorio Superior de Música de Aragón, baixo a tutela do pianista Miguel Anxo Ortega Chavaldas e o Dúo Del Valle, recibindo tamén consellos do Cuarteto Quiroga e do dúo Moreno-Gistaín. Actualmente residen en Austria, onde realizan un master de especialización en dúo pianístico co prestixioso dúo Silver-Garburg, na Kunst Universität de Graz.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.