Ir o contido principal

O Polo de Innovación Dixital para o sector Agroalimentario de Campus Terra e Gradiant celebra unha nova sesión de traballo na feira especializada GandAgro

El Polo de Innovación Digital para el sector Agroalimentario de Campus Terra y Gradiant celebra una nueva sesión de trabajo en la feria especializada GandAgro
El Polo de Innovación Digital para el sector Agroalimentario de Campus Terra y Gradiant celebra una nueva sesión de trabajo en la feria especializada GandAgro
A feira Abanca Cimag-GandAgro acollerá o vindeiro 26 de xaneiro unha nova sesión do Polo de Innovación Tecnolóxica de Campus Terra e Gradiant. Durante a xornada levaranse a cabo varios obradoiros...
Lugo

A feira Abanca Cimag-GandAgro acollerá o vindeiro 26 de xaneiro unha nova sesión do Polo de Innovación Tecnolóxica de Campus Terra e Gradiant. Durante a xornada levaranse a cabo varios obradoiros dinamizados que xirarán arredor do rol esperado das tecnoloxías dixitais no desenvolvemento futuro do sector agroalimentario en Galicia; das necesidades do sector agropecuario e a industria agroalimentaria na nosa comunidade; así como sobre as principais barreiras e dificultades percibidas polo sector.

 

A xornada está dirixida a recoller contribucións de todos os axentes da cadea de valor e innovación no sector agroalimentario e no sector TIC, incluíndo a representantes de cooperativas agroalimentarias, de industrias agroalimentarias, de clusters e asociacións empresariais dos sectores agroalimentario ou TIC, membros de centros tecnolóxicos e grupos de investigación activos nos eidos agroalimentarios e/ou TIC, representantes de empresas TIC, así como técnicos da administración pública involucrados na innovación do sector agroalimentario.

 

O Polo foi presentado o pasado 6 de outubro na Casa do Saber do Campus Terra e celebrou a súa primeira reunión de traballo o pasado 15 de decembro en Santiago de Compostela, onde se estableceu un plan de traballo a curto prazo para deseñar unha estratexia conxunta para a dixitalización do sector agroalimentario en Galicia.

 

Para unha correcta organización da xornada, que se celebrará entre as 10 e as 14 horas do xoves 26 de xaneiro, invitamos os interesados a rexistrarse con suficiente antelación. O prazo de inscrición estará aberto ata as 17:00 horas do venres 20 de xaneiro. Para o rexistro pregamos empreguen o seguinte formulario.

 

A feira GandAgro é considerada o gran foro agropecuario de Galicia e no transcurso da mesma, Campus Terra gozará dun espazo expositor no que poderá colsultarse toda a oferta académica de grao, mestrado e doutoramento especializada na sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.