VII Edición do Proxecto Mentoring: Desenvolvemento profesional da USC
Enlace da Convocatoria 2021-2022
¿QUÉN PODE PARTICIPAR NESTE PROXECTO
A) Estudantado de último curso de Grao ou Máster (matriculados no presente curso académico)
B) Titulados/as de Máster no curso 2020/2021
C) Graduados/as no curso 2020/2021
Quedan excluídas as persoas que participaran como “mentorizadas” en convocatorias anteriores deste proxecto ou en programas de mentorización de similares características.
A Área de orientación laboral seleccionará entre os solictantes os candidatos que reunan o perfil adecaudo para participar neste proxecto
Que obxectivos persegue o proxecto mentoring USC: Desenvolvemento profesional
Poñer en contacto ao estudantando de máster, graduados/as ou último ano de grao (mentorizados/as) con profesionais e persoal directivo de empresas (mentores/as), co fin de que estes poidan orientalos e apoialos no desenvolvemento da súa carreira profesional.