Ir o contido principal

Día internacional contra a corrupción

Primeiras Xornadas da Integridade Pública de Galicia

09.12.2024 | 11.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

O lema deste ano é 'Integridade no exercicio de funcións públicas'

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

O reitor da USC, Antonio López, e o conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Juan Carlos Aladro, inauguran o luns 9 de decembro ás 11.00 horas na Facultade Ciencias Económicas e Empresariais as 'Primeiras Xornadas da Integridade Pública de Galicia', organizadas polo Consello de Contas, en colaboración coa USC.

A continuación presentarase a obra El control externo y el impacto de la prevención de la corrupción. Estudios en homenaje al profesor José Antonio Redondo López, coa participación do catedrático Santiago Lago Peñas e a profesora de Economía Aplicada María Cadaval. A obra recoñece o impulso de José Antonio Redondo, na súa etapa como conselleiro maior, da función de prevención da corrupción e o fomento da integridade pública, entre as que se inclúe a iniciativa destacada da creación do Premio Carlos G. Otero Díaz, en homenaxe ao primeiro conselleiro maior da institución.

O Día da Integridade do Consello de Contas de Galicia, que coincide coa conmemoración do 'Día internacional contra a corrupción', continuará cunha conferencia de Fernando Jiménez Sánchez, catedrático de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Murcia, experto do Grupo de Estados contra a Corrupción (GRECO) do Consello de Europa, membro do capítulo español de Transparencia Internacional e integrante do Consello Asesor da Fundación Hay Derecho. Codirixe ademais a Cátedra de Bo Goberno e Integridade Pública da Universidade de Murcia.

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas
Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.12.2024.