A Escola ten como obxectivo presentar investigacións recentes en historia das matemáticas, así como achegar experiencias no uso que se pode facer no ensino secundario e universitaria da matemática. Vai dirixida con prioridade aos mozos investigadores e investigadoras en historia da matemática que desexan mellorar a súa formación a través dos relatorios e dos intercambios con outros investigadores; aínda que tamén vai dirixida aos matemáticos e profesores de matemáticas que desexan utilizar a historia da matemática como ferramenta para ensinar matemáticas.
Con esta iniciativa o obxectivo é unirse a unha corrente, cada vez máis en boga, que busca impulsar o estudo da historia das matemáticas como disciplina complementaria e o seu uso como ferramenta didáctica.
Máis información: https://www.uimp.es/agenda-link.html?id_actividad=6658&anyaca=2025-26