23.09.2025 | 12.00h-15.00h

O próximo 23 de setembro, ás 12.00 horas, terá lugar diante do Pavillón Central da Facultade de Veterinaria (no Hall do Auditorio se chove) unha exhibición canina do Exército. Participarán oito guías e seis cans e realizarán exercicios de obediencia básica, detección de drogas en maletas e equipaxes, detección de drogas en persoas, detección de explosivos nun vehículo e finalizarán cun exercicio dun can de seguridade e combate neutralizando a persoal hostil. Durante a exhibición, ademais de presentar os cans, os guías e explicar os exercicios, darán a coñecer a unidade, as distintas especialidades, as razas de cans que empregan, o adestramento que necesitan e, calquera dúbida, pregunta ou inquietude que teña o público.