Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="http://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e a Cultura

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.literaturaecultura@usc.es

O Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e a Cultura caracterízase polo énfase nos estudos literarios dende diferentes perspectivas metodolóxicas e lingüísticas, cunha apertura cara a análise cultural. Entre os programas anteriores que se inscriben nesta nova proposta figuran o de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, vencellado orixinalmente a un Máster Mundus, e o de Estudo e Anotación de Textos Literarios Españois. Así mesmo incorpóranse outros programas que se inscriben nos ámbitos da filoloxía latina, grega, italiana, francesa, galega, portuguesa e alemá.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600497
    Número prazas: 20

    Coordinador-a do título:
    Maria Soledad Perez-Abadin Barro
    msoledad.perez-abadin@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    03/06/2022

    Códigos ISCED:
    (220) Humanidades
    (210) Artes
    (0229) Humanidades (otros estudios)

    O Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e da Cultura caracterízase polo énfase nos estudos literarios dende diferentes perspectivas metodolóxicas e lingüísticas, cunha apertura cara á análise cultural.

    Entre os programas anteriores que se inscriben nesta nova proposta figuran o de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, vencellado orixinalmente a un Máster Mundus, e o de Estudo e Anotación de Textos Literarios Españois. Asi mesmo incorpóranse outros programas que se inscriben nos ámbitos da filoloxía latina, grega, italiana, francesa, galega, portuguesa e alemá.

    O obxectivo é consolidar un programa de carácter competitivo a nivel español e internacional, baseándose nunha longa e exitosa traxectoría previa no ámbito específico dos estudos literarios e da análise cultural. O Programa proponse, por outra banda, afianzar un intenso labor de internacionalización que redunde en beneficio da formación dos estudantes e da competitividade investigadora da USC.

    O obxectivo é consolidar un programa de carácter competitivo a nivel español e internacional, baseándose nunha longa e exitosa traxectoria previa no ámbito específico dos estudos literarios e da análise cultural. O Programa proponse, por outra banda, afianzar un intenso labor de internacionalización que redunde en beneficio da formación dos estudantes e da competitividade investigadora da USC.

  • Terán acceso directo, sen necesidade de cursar complementos de formación, os alumnos que cursaran os seguintes másteres oficiais:

    • Máster de Estudo e Edición de Textos Literarios Españois e Latinoamericanos.
    • Máster de Estudos Ingleses: Tendencias Actuais e Aplicacións
    • Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.
    • Máster Universitario en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura.
    • Máster Universitario en Servizos Culturais.
    • Máster Erasmus Mundus Crossways in Cultural Narratives.
    • Máster en Estudos da lingua e da cultura
    • Outros másteres ou DEAs do ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais, que a xuízo da CA, non precisen de complementos formativos.

    Polo que se refire á realización das actividades formativas, unha vez lograda a admisión no PD, poderá requirirse a acreditación de determinados niveis de idioma para a súa realización. Será preciso documentar un nivel B2 para poder optar á participación no Seminario Hermes.

    A comisión académica decidirá, no momento de aceptar o ingreso de novos estudantes, quen precisan de complementos de formación. Están previsiblemente en tal situación os estudantes procedentes do ámbito das ciencias sociais e, con toda probabilidade, os que puidesen solicitar o ingreso cunha formación noutros campos. Os solicitantes procedentes do ámbito das humanidades e, desde logo, os que cursasen os másteres aos que se recoñece acceso directo non necesitarán ningunha formación adicional. Os complementos de formación específicos tomaranse das materias comúns do Máster en Estudos da literatura e da cultura.

  • As puntuacións por cada mérito serán valoradas polas comisións do xeito seguinte:

    1. Expediente académico: 55%
    2. Coñecementos de linguas (terase en conta o ámbito no que se pretenda facer a tese). Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (First Certificate, etc.): 15%
    3. Experiencia profesional (os candidatos deberán presentar documentación xustificativa): 5%
    4. Experiencia investigadora (os candidatos deberán presentar documentación xustificativa): 20%
    5. Outras titulación e méritos formativos: 5%
  • Seminario anual do Consorcio Hermes para os estudos literarios e culturais

    • E5011A01

    Seminarios de investigación

    • E5011A02

    Participación en congresos

    • E5011A03

    Mobilidade

    • E5011A04

    Seminarios de formación transversal

    • E5011A05

    Publicación

    • E5011A06

    Encontros da Rede Galabra

    • E5011A07

    Xornadas internacionais de iniciación á investigación en estudos dá literatura

    • E5011A08

    Publicación na colección dixital Estudos da Literatura e da Cultura

    • E5011A09

    Publicación de artigos, capítulos ou libros e coordinación de volumes colectivos

    • E5011A10

    Impartición ou realización de cursos de formación e de idiomas

    • E5011A11
  • O Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e da Cultura caracterízase polo énfase nos estudos literarios dende diferentes perspectivas metodolóxicas e lingüísticas, cunha apertura cara á análise cultural.

    Entre os programas anteriores que se inscriben nesta nova proposta figuran o de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, vencellado orixinalmente a un Máster Mundus, e o de Estudo e Anotación de Textos Literarios Españois. Asi mesmo incorpóranse outros programas que se inscriben nos ámbitos da filoloxía latina, grega, italiana, francesa, galega, portuguesa e alemá.

    O obxectivo é consolidar un programa de carácter competitivo a nivel español e internacional, baseándose nunha longa e exitosa traxectoría previa no ámbito específico dos estudos literarios e da análise cultural. O Programa proponse, por outra banda, afianzar un intenso labor de internacionalización que redunde en beneficio da formación dos estudantes e da competitividade investigadora da USC.

  • A información acerca dos estudantes egresados do programa revela unha alta porcentaxe de dedicación ao ensino secundario ou universitaria. Con respecto á primeira, os dous anos posteriores á finalización da tese dedícanse á preparación de oposicións para o ensino público, nalgún caso previa realización do máster requirido. Tamén se constatan doutores do programa que acceden ao ensino secundario privado. Con frecuencia, o doutor egresado xa dispoñía dun posto de traballo neste ámbito na súa etapa académica. Os doutores con docencia estable neste nivel desenvolven unha actividade investigadora a tempo parcial, reflectida en publicacións, conferencias e participación en eventos relacionados coa súa especialidade. Algunhas das súas actividades relacionadas coa súa investigación posdoutoral adoitan decantarse cara a un nivel máis divulgativo e pedagóxico.

    Outra parte representativa dos doutores egresados prosegue a súa traxectoria académica en centros universitarios, nacionais e estranxeiros, pola vía dos contratos posdoutorales, os concursos de acceso a prazas e distintos postos e contratos en universidades españolas ou estranxeiras. Tras haberse doutoramento, o paso seguinte consiste en obter a acreditación como axudante doutor. Nas universidades estranxeiras esa traxectoria adoita comezar co posto de lector de español, ás veces simultáneo á realización de programas para homologar o seu título académico. Os doutores egresados que se incorporan a centros universitarios manteñen un alto nivel investigador, que nos seus primeiros anos garda relación directa coas súas investigacións doutorais.

    Segundo os datos dispoñibles, estas son as saídas máis habituais:

    1. A docencia no ensino superior universitario, en centros públicos e privados, nacionais e estranxeiros.
    2. A docencia no ensino secundario, en centros públicos e privados.
    3. Os contratos con centros de investigación, nacionais e estranxeiros.
    4. Os contratos con revistas e editoriais especializadas nas publicacións literarias.
    5. Os contratos con academias e centros privados de tradución e docencia.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    A Universidade de Vigo conta cunha infraestrutura similar.

    Especificamente, os doutorandos dispoñen de infraestruturas e servizos necesarios (laboratorios, biblioteca, recursos informáticos, etc) para realizar a súa investigación nos propios centros donde desenvolven o seu traballo (Facultade Química da USC e Facultade de Química da Universidade de Vigo.

    Pode encontrarse máis información sobre recursos materiais e servizos dipoñibles, na páxina web do Programa.

    O Programa conta ademais con financiamento procedente dun número elevado de Proxectos I+D de ámbito nacional, autonómica e europeo, así como con convenios de colaboración con empresas ou centros da administración pública. Este financiamento permite aos doutorandos, non só levar a cabo a súa investigación senón tamén dispoñer, dispoñer de axudas para a asistencia a congresos e estancias noutros centros nacionais e estranxeiros que serán de gran axuda na súa formación.

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 de Memoria do Título.

  • Título Data de lectura Autoría Dirección
    O curso d’Os eidos de Uxío Novoneyra: suxeito, desobra e comunidade en perspectiva ontolóxica 20/12/2024 Nieves De Neira Roca
  • Coordinador/a
    Maria Soledad Perez-Abadin Barro

    Secretario/a
    Maria Jose Alonso Veloso

    Vogais
    Rosa Marta Gomez Pato
    Laurence Malingret
    Ma Del Carmen Villarino Pardo
    Cesar Pablo Dominguez Prieto
    Maria Isabel Moran Cabanas

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.08.2024.