Ir o contido principal

Programa de Doutoramento en Dereito

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.dereito [at] usc.es

O Programa de Doutoramento en Dereito é unha proposta sólida, ambiciosa e con vocación de futuro, que aglutina practicamente todas as ramas do Dereito. Esta opción fuxiu, ademais, dunha atomización de liñas de investigación en aras da consolidación de múltiples perspectivas en sete grandes liñas que permiten dotar a esta etapa formativa dun enfoque superador da división en áreas de coñecemento favorecendo sinerxías entre grupos e que tamén permite a suma de masa crítica e a exhibición duns resultados científicos solventes.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600520
Número prazas: 15

Coordinador-a do título:
Luis Miguez Macho
luis.miguez [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
24/05/2021

Códigos ISCED:
(380) Derecho
(0421) Derecho

O Programa “Doutoramento en Dereito” é unha proposta sólida, ambiciosa e con vocación de futuro. Intégrase na Escola de Doutoramento Internacional da USC e é un Programa totalmente vinculado a esta Universidade, sen prexuízo de que deixa abertas portas á posibilidade de colaboración futura con outras institucións españolas ou estranxeiras coas que xa se posúen fortes vínculos que se especifican no Programa. O devir e o asentamento do Programa, así como a súa previsible fortaleza en canto ao número e calidade das teses doutorais que se dirixan, determinarán a concreción desas colaboracións. Tomando o concepto da propia Universidade, trátase dunha proposta que aglutina prácticamente todas as ramas do Dereito. Esta opción fuxiu, ademais, dunha atomización de liñas de investigación en aras da consolidación de múltiples perspectivas en sete grandes liñas que permiten dotar a esta etapa formativa dun enfoque superador da división en áreas de coñecemento favorecendo sinerxias entre grupos. Iso xa supuxo un primeiro compromiso por parte dos doutores participantes: o compromiso de definir esas liñas e achar o común denominador con outros doutores de disciplinas non afíns. O compromiso de compartir esforzos que se traducirá, sen dúbida, en beneficio dos doutorandos que poderán atopar entre os docentes do Programa non meramente a un titor e/ou un director de tese, senón a un grupo de apoio eficaz para o bo fin do seu traballo de doutoramento.

Esta opción aglutinadora tamén permite a suma de masa crítica e a exhibición duns resultados científicos solventes. O programa vén avalado non só pola actualidade dun apoio financeiro importante, captado en convocatorias competitivas de distinto ámbito (autonómico, nacional e internacional), senón, quizá o máis importante, por unha traxectoria dos docentes e grupos que o integran que acredita que tal recoñecemento académico, científico e financeiro non é pasaxeiro, senón que ten asentadas raíces e unha sólida traxectoria.

Con estes mimbres, o Programa non pode senón ser ambicioso e ter unha vocación de permanencia no tempo de xeito indefinida. Todo iso, sen prexuízo da súa apertura á evolución, a mellora e a concreción de relacións estables con outras institucións. Unha das grandes opcións estratéxicas que determina a concentración no Programa da súa importante masa crítica é, precisamente, o compromiso por facer do Programa unha referencia estable e permanente no marco normativo actual. Non é allea a esta decisión a conciencia de que é necesario optimizar os recursos dispoñibles na situación de crise que aqueixa á Universidade española. O compromiso social da Universidade esixe que a súa oferta sexa seria, estable e permanente; que a súa oferta non poña a quen a aceptan nunha situación de certa interinidade. Preténdese que o Programa do Doutoramento en Dereito da USC chegue a formar parte da paisaxe estable da USC como, doutra banda, reclama a propia tradición e a posición que a USC posúe no contexto universitario nacional e autonómico. E, neste mesmo sentido, os participantes no Programa están comprometidos a que sexa parte da paisaxe da oferta a nivel nacional e internacional.

Un dos retos deste programa é cumprir coa aspiración de todas as universidades europeas (así por exemplo, a Declaración de Glasgow adoptada no Consello da European Universities en 2005) no sentido de que os estudos de doutoramento sirvan non só para o inicio da carreira académica (ata agora o interese maioritario, por non dicir o único do Doutoramento en Dereito), senón tamén como un valor engadido no mercado laboral, na empresa privada e na función pública. Aínda que é evidente que a valorización do título de doutor como factor de empregabilidade depende de moitos máis axentes que os responsables deste Programa, non queremos descoidar este aspecto. As sete liñas de investigación son idóneas para realizar traballos de investigación de corte puramente académico ou máis próximo á práctica xurídica de cada día. A Comisión Académica do Programa coidará de que se realicen tese en ambas vías e procurará a máxima difusión daquelas que teñan especial conexión coa empresa, a Administración e o mercado.

Desde o punto de vista metodolóxico, o propósito deste Programa é atender adecuadamente non só ao produto final obtido polo doutorando (a tese), senón sobre todo ao proceso (ensino/aprendizaxe do que é a investigación xurídica), convencidos de que as competencias e habilidades adquiridas durante o mencionado proceso capacitarán ao futuro doutor para unha gran variedade de saídas profesionais. Noutra orde de cousas, e seguindo as indicacións da axencia avaliadora sinálase expresamente que das 15 prazas ofertadas, 5 o serán a tempo parcial.

Programa de Doutoramento en Dereito pretende axustarse ás seguintes liñas establecidas no Plan estratéxico da USC 2011-2020:

• Oferta de titulaciones adaptada ás necesidades da sociedade

• Procura da excelencia na docencia

• Cara á excelencia investigadora

• Unha universidade de recoñecido prestixio internacional

Aprovéitase a oportunidade suscitada polo cambio da normativa reguladora dos programas de doutoramento para axustar a súa oferta á política investigadora da USC, e incrementar a colaboración con outras universidades e institucións de investigación para a optimización dos recursos dispoñibles, así como para reforzar áreas estratéxicas da Universidade. Ademais preténdese unha maior integración entre as actuais titulacións de grao coas novas propostas de programas de doutoramento.

O Programa adecúase á actuación prevista nas liñas estratéxicas 1 e 2, conformando unha oferta de posgrao especializada e competitiva, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao en Dereito.

En relación coa liña 3 , coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC no ámbito xurídico e promocionar o seu valor social e económico.

Finalmente, en relación á liña 4. Nesta primeira fase procurouse establecer colaboracións con investigadores e centros estranxeiros. Separadamente das múltiples redes e conexións que posúen cada unha das liñas, o Programa incrementaría a política de participación en Proxectos Europeos. Neste sentido, nunha das liñas cóntase neste momento cun Proxecto Europeo en vigor.

O programa vén avalado non só pola actualidade dun apoio financeiro importante, captado en convocatorias competitivas de distinto ámbito (autonómico, nacional e internacional), senón, quizá o máis importante, por unha traxectoria dos docentes e grupos que o integran que acredita que tal recoñecemento académico, científico e financeiro non é pasaxeiro, senón que ten asentadas raíces e unha sólida traxectoria.

As sete liñas de investigación son idóneas para realizar traballos de investigación de corte puramente académico ou máis próximo á práctica xurídica de cada día. A Comisión Académica do Programa coidará de que se realicen teses en ambas vías e procurará a máxima difusión daquelas que teñan especial conexión coa empresa, a Administración e o mercado. Desde o punto de vista metodolóxico, o propósito deste Programa é atender adecuadamente non só ao produto final obtido polo doutorado (a tese), senón sobre todo ao proceso (ensino/aprendizaxe do que é a investigación xurídica), convencidos de que as competencias e habilidades adquiridas durante o mencionado proceso capacitarán ao futuro doutor para unha gran variedade de saídas profesionais.

Sen complementos de formación:

• Estudos de Máster de natureza predominantemente xurídica ofertados pola USC, ou por outras universidades españolas ou europeas.

• Estudantes co título de DEA obtido a través dos programas xurídicos da USC ou doutras universidades realizados segundo a normativa vixente no momento en que foron realizados.

Outros perfis:

• No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a CAPD avaliará de xeito individualizado cada caso, coa posibilidade de esixirlles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS) en materias ou módulos de grao/máster de contido predominantemente xurídico.

• No caso doutros perfís que non tivesen realizado Máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dá acceso directo.

• Os estudantes co título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente ao do título oficial español de Máster Universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en caso ningún, a homologación do título previo nin o recoñecemento para outros efectos que os de acceso a estas ensinanzas.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

• Expediente académico das titulacións de grao e posgrao que dean acceso ao Doutoramento, valorado segundo a Normativa de cualificacións e valoración dos expedientes académicos da USC (100 %)

• Como criterios de calidade na admisión do alumnado establécese un límite de admisión de doutorandos por director/titor e ano. Preténdese garantir a atención necesaria ao alumnado polo que cada responsable de os labores de dirección poderá asumir un máximo de dous estudantes por ano en réxime de dedicación exclusiva ou catro no caso codirección.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Xornada sobre a integridade e a ética na investigación

  • E3031A01

Seminario sobre a busca de información destinada á investigación xurídica

  • E3031A02

Seminario de redacción de textos de investigación xurídicos

  • E3031A03

No caso doutro tipo de perfís diferentes dos indicados, a CAPD avaliará de xeito individualizado cada caso, coa posibilidade de esixirlles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS) en materias ou módulos de grao/máster de contido predominantemente xurídico.

Profesores Área
Joaquín Rodríguez-Toubes Muñiz
Filosofía do Dereito
Roberto Luis Blanco Valdes
Dereito Constitucional
Maria Lourdes Noya Ferreiro
Dereito Procesual
Carlos Ruiz Miguel
Dereito Constitucional
Jose Julio Fernandez Rodriguez
Dereito Constitucional
Miguel Abel Souto
Dereito Penal
Ana Maria Gude Fernandez
Dereito Constitucional
Pedro Ortego Gil
Historia do Dereito e das Institucións
Maria Teresa Bouzada Gil
Historia do Dereito e das Institucións
Fernando Antonio Vazquez-Portomeñe Seijas
Dereito Penal
Manuel Segura Ortega
Filosofía do Dereito
Milagros Maria Otero Parga
Filosofía do Dereito
Santiago Bernardo Brage Cendan
Dereito Penal
Sonia Esperanza Rodriguez Boente
Filosofía do Dereito
Vicente Antonio Sanjurjo Rivo
Dereito Constitucional
Gumersindo Guinarte Cabada
Dereito Penal
Ana Rodriguez Alvarez
Dereito Procesual
Maria Begoña Lopez Portas
Dereito Constitucional
Maria De Los Angeles Catalina Benavente
Dereito Procesual
Profesores Área
Antonio Javier Ferreira Fernandez
Dereito Administrativo
María Da Alba Nogueira López
Dereito Administrativo
Maria Teresa Carballeira Rivera
Dereito Administrativo
Marcos Almeida Cerreda
Dereito Administrativo
Luis Miguez Macho
Dereito Administrativo
Andrea Garrido Juncal
Dereito Administrativo
Diana Santiago Iglesias
Dereito Administrativo
Profesores Área
Bernardino Varela Gomez
Dereito Procesual
Maria Lourdes Noya Ferreiro
Dereito Procesual
María Lourdes Mirón Redondo
Psicoloxía Social
Angel Garcia Vidal
Dereito Mercantil
Lourdes Mella Mendez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Milagros Maria Otero Parga
Filosofía do Dereito
Isabel Espin Alba
Dereito Civil
Raquel Castillejo Manzanares
Dereito Procesual
Maria De Los Angeles Catalina Benavente
Dereito Procesual
Profesores Área
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Dereito Civil
Ana Diaz Martinez
Dereito Civil
Angel Luis Rebolledo Varela
Dereito Civil
Marta Carballo Fidalgo
Dereito Civil
Santiago Alvarez Gonzalez
Dereito Internacional Privado
Maria Paz Garcia Rubio
Dereito Civil
Marta Requejo Isidro
Dereito Internacional Privado
Maria Belen Trigo Garcia
Dereito Civil
Javier Maseda Rodríguez
Dereito Internacional Privado
Antonia Nieto Alonso
Dereito Civil
Ana Maria Gonzalez Bustelo
Dereito Romano
Javier Lete Achirica
Dereito Civil
Marta Otero Crespo
Dereito Civil
Margarita Cristina Herrero Oviedo
Dereito Civil
Marta Madriñan Vazquez
Dereito Civil
Profesores Área
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Dereito Civil
Ana Diaz Martinez
Dereito Civil
Angel Luis Rebolledo Varela
Dereito Civil
Marta Carballo Fidalgo
Dereito Civil
Santiago Alvarez Gonzalez
Dereito Internacional Privado
Maria Paz Garcia Rubio
Dereito Civil
Marta Requejo Isidro
Dereito Internacional Privado
Maria Belen Trigo Garcia
Dereito Civil
Javier Maseda Rodríguez
Dereito Internacional Privado
Antonia Nieto Alonso
Dereito Civil
Raquel Castillejo Manzanares
Dereito Procesual
Marta Otero Crespo
Dereito Civil
Margarita Cristina Herrero Oviedo
Dereito Civil
Marta Madriñan Vazquez
Dereito Civil
Profesores Área
Maria Pilar Bello Martin-Crespo
Dereito Mercantil
Maria Consuelo Ferreiro Regueiro
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Francisco Javier Garate Castro
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Jose Caamaño Alegre
Economía Aplicada
Juan Jose Nieto Montero
Dereito Financeiro e Tributario
María Begoña Villaverde Gómez
Dereito Financeiro e Tributario
Angel Garcia Vidal
Dereito Mercantil
Yolanda Maneiro Vazquez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Lourdes Mella Mendez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Cesar Garcia Novoa
Dereito Financeiro e Tributario
Antonio Lopez Diaz
Dereito Financeiro e Tributario
Isabel Espin Alba
Dereito Civil
Jose Manuel Iglesias Casais
Dereito Financeiro e Tributario
Maria Del Mar Maroño Gargallo
Dereito Mercantil
Francisco Javier Framiñan Santas
Dereito Mercantil
Jose Maria Miranda Boto
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Profesores Área
Maria Isabel Lirola Delgado
Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Maria Irene Rodriguez Manzano
Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Carlos Ruiz Miguel
Dereito Constitucional
Miguel Enrique Arenas Meza
Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Juan Jose Nieto Montero
Dereito Financeiro e Tributario
María Begoña Villaverde Gómez
Dereito Financeiro e Tributario
Julio Jorge Urbina
Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Cesar Garcia Novoa
Dereito Financeiro e Tributario
Luz Maria Ruibal Pereira
Dereito Financeiro e Tributario
Maria Teresa Ponte Iglesias
Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Antonio Lopez Diaz
Dereito Financeiro e Tributario
Jose Manuel Iglesias Casais
Dereito Financeiro e Tributario
Jose Maria Miranda Boto
Dereito do Traballo e da Seguridade Social

O Programa “Doutoramento en Dereito” é unha proposta sólida, ambiciosa e con vocación de futuro. Intégrase na Escola de Doutoramento Internacional da USC e é un Programa totalmente vinculado a esta Universidade, sen prexuízo de que deixa abertas portas á posibilidade de colaboración futura con outras institucións españolas ou estranxeiras coas que xa se posúen fortes vínculos que se especifican no Programa. O devir e o asentamento do Programa, así como a súa previsible fortaleza en canto ao número e calidade das teses doutorais que se dirixan, determinarán a concreción desas colaboracións. Tomando o concepto da propia Universidade, trátase dunha proposta que aglutina prácticamente todas as ramas do Dereito. Esta opción fuxiu, ademais, dunha atomización de liñas de investigación en aras da consolidación de múltiples perspectivas en sete grandes liñas que permiten dotar a esta etapa formativa dun enfoque superador da división en áreas de coñecemento favorecendo sinerxias entre grupos. Iso xa supuxo un primeiro compromiso por parte dos doutores participantes: o compromiso de definir esas liñas e achar o común denominador con outros doutores de disciplinas non afíns. O compromiso de compartir esforzos que se traducirá, sen dúbida, en beneficio dos doutorandos que poderán atopar entre os docentes do Programa non meramente a un titor e/ou un director de tese, senón a un grupo de apoio eficaz para o bo fin do seu traballo de doutoramento.

Esta opción aglutinadora tamén permite a suma de masa crítica e a exhibición duns resultados científicos solventes. O programa vén avalado non só pola actualidade dun apoio financeiro importante, captado en convocatorias competitivas de distinto ámbito (autonómico, nacional e internacional), senón, quizá o máis importante, por unha traxectoria dos docentes e grupos que o integran que acredita que tal recoñecemento académico, científico e financeiro non é pasaxeiro, senón que ten asentadas raíces e unha sólida traxectoria.

Con estes mimbres, o Programa non pode senón ser ambicioso e ter unha vocación de permanencia no tempo de xeito indefinida. Todo iso, sen prexuízo da súa apertura á evolución, a mellora e a concreción de relacións estables con outras institucións. Unha das grandes opcións estratéxicas que determina a concentración no Programa da súa importante masa crítica é, precisamente, o compromiso por facer do Programa unha referencia estable e permanente no marco normativo actual. Non é allea a esta decisión a conciencia de que é necesario optimizar os recursos dispoñibles na situación de crise que aqueixa á Universidade española. O compromiso social da Universidade esixe que a súa oferta sexa seria, estable e permanente; que a súa oferta non poña a quen a aceptan nunha situación de certa interinidade. Preténdese que o Programa do Doutoramento en Dereito da USC chegue a formar parte da paisaxe estable da USC como, doutra banda, reclama a propia tradición e a posición que a USC posúe no contexto universitario nacional e autonómico. E, neste mesmo sentido, os participantes no Programa están comprometidos a que sexa parte da paisaxe da oferta a nivel nacional e internacional.

Un dos retos deste programa é cumprir coa aspiración de todas as universidades europeas (así por exemplo, a Declaración de Glasgow adoptada no Consello da European Universities en 2005) no sentido de que os estudos de doutoramento sirvan non só para o inicio da carreira académica (ata agora o interese maioritario, por non dicir o único do Doutoramento en Dereito), senón tamén como un valor engadido no mercado laboral, na empresa privada e na función pública. Aínda que é evidente que a valorización do título de doutor como factor de empregabilidade depende de moitos máis axentes que os responsables deste Programa, non queremos descoidar este aspecto. As sete liñas de investigación son idóneas para realizar traballos de investigación de corte puramente académico ou máis próximo á práctica xurídica de cada día. A Comisión Académica do Programa coidará de que se realicen tese en ambas vías e procurará a máxima difusión daquelas que teñan especial conexión coa empresa, a Administración e o mercado.

Desde o punto de vista metodolóxico, o propósito deste Programa é atender adecuadamente non só ao produto final obtido polo doutorando (a tese), senón sobre todo ao proceso (ensino/aprendizaxe do que é a investigación xurídica), convencidos de que as competencias e habilidades adquiridas durante o mencionado proceso capacitarán ao futuro doutor para unha gran variedade de saídas profesionais. Noutra orde de cousas, e seguindo as indicacións da axencia avaliadora sinálase expresamente que das 15 prazas ofertadas, 5 o serán a tempo parcial.

Programa de Doutoramento en Dereito pretende axustarse ás seguintes liñas establecidas no Plan estratéxico da USC 2011-2020:

• Oferta de titulaciones adaptada ás necesidades da sociedade

• Procura da excelencia na docencia

• Cara á excelencia investigadora

• Unha universidade de recoñecido prestixio internacional

Aprovéitase a oportunidade suscitada polo cambio da normativa reguladora dos programas de doutoramento para axustar a súa oferta á política investigadora da USC, e incrementar a colaboración con outras universidades e institucións de investigación para a optimización dos recursos dispoñibles, así como para reforzar áreas estratéxicas da Universidade. Ademais preténdese unha maior integración entre as actuais titulacións de grao coas novas propostas de programas de doutoramento.

O Programa adecúase á actuación prevista nas liñas estratéxicas 1 e 2, conformando unha oferta de posgrao especializada e competitiva, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao en Dereito.

En relación coa liña 3 , coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC no ámbito xurídico e promocionar o seu valor social e económico.

Finalmente, en relación á liña 4. Nesta primeira fase procurouse establecer colaboracións con investigadores e centros estranxeiros. Separadamente das múltiples redes e conexións que posúen cada unha das liñas, o Programa incrementaría a política de participación en Proxectos Europeos. Neste sentido, nunha das liñas cóntase neste momento cun Proxecto Europeo en vigor.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

  • CE01. Adquisición da capacidade analítica, metodolóxica e expositiva propia da investigación xurídica.
  • CE02. Comprensión sistemática da investigación en Dereito e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa liña de investigación na que desenvolva o seu labor.
  • CE03. Adquisición da capacidade de concibir, deseñar e desenvolver un proceso de investigación en Dereito con seriedade académica.
  • CE04. Suscitar e resolver desde o punto de vista teórico e metodolóxico problemas aplicados ao dereito.
  • CE05. Realizar unha análise crítica, unha avaliación e unha síntese de teorías novas e complexas a partir das achegas xurdidas da súa experiencia investigadora
  • CE06. Realizar unha contribución a través dunha investigación orixinal en Dereito que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que, polo menos unha parte, mereza a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional.
  • CE07. Adquisición da capacidade de comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca da investigación en Dereito e especificamente da súa liña de investigación

• CE01- Adquisición da capacidade analítica, metodolóxica e expositiva propia da investigación xurídica.
• CE02- Comprensión sistemática da investigación en Dereito e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados coa liña de investigación na que desenvolva o seu labor.
• CE03- Adquisición da capacidade de concibir, deseñar e desenvolver un proceso de investigación en Dereito con seriedade académica.
• CE04- Suscitar e resolver desde o punto de vista teórico e metodolóxico problemas aplicados ao dereito.
• CE05- Realizar unha análise crítica, unha avaliación e unha síntese de teorías novas e complexas a partir das achegas xurdidas da súa experiencia investigadora
• CE06- Realizar unha contribución a través dunha investigación orixinal en Dereito que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que, polo menos unha parte, mereza a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional.
• CE07- Adquisición da capacidade de comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca da investigación en Dereito e especificamente da súa liña de investigación

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Luis Miguez Macho

Secretario/a
Marta Madriñan Vazquez

Vogais
Maria Lourdes Noya Ferreiro
Maria Teresa Ponte Iglesias
Maria Consuelo Ferreiro Regueiro
Joaquín Rodríguez-Toubes Muñiz
Maria Belen Trigo Garcia

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

16,0

17,0

17,0

18,0

15,0

15,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

375,0

217,65

241,18

216,67

286,67

326,67

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

16,0

17,0

17,0

18,0

15,0

15,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

80,0

84,0

84,0

79,0

78,0

75,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

41,18

35,29

50,0

20,0

46,67

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

6,25

0,0

5,88

11,11

13,33

26,67

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

6,25

0,0

5,88

0,0

13,33

20,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

11,11

0,0

6,67

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

43,75

44,05

48,81

48,10

46,15

45,33

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

32,5

30,95

29,76

29,11

20,51

18,67

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

6,67

6,67

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

42,5

40,48

41,67

43,04

44,87

49,33

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

27,5

16,67

17,86

22,78

23,08

20,0

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

30,0

42,86

40,48

34,18

32,05

30,67

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

8,82

14,71

8,57

11,76

31,43

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

2,94

2,94

5,71

0,0

5,71

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

11,76

14,29

17,65

17,14

10,81

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

0,3333

0,2

0,1818

0,1111

0,0

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

191,0

183,0

201,0

187,0

188,0

197,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,6528

2,6912

2,9559

2,8333

2,9375

3,0308

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

97,22

97,06

98,53

98,48

100,0

96,92

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

75,0

76,47

76,47

71,21

70,31

69,23

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

7,94

10,29

10,96

12,77

14,58

16,33

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

20,0

22,22

7,14

9,38

11,54

16,9

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

6,0

3,0

5,0

11,0

9,0

6,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

80,0

81,82

77,78

66,67

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

20,0

18,18

22,22

33,33

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

1,0

0,0

2,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

5,0

3,0

3,0

4,0

2,0

5,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

1,0

7,0

5,0

1,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,7266

4,6027

4,2731

4,7542

4,1815

4,9315

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

-

3,5466

3,6178

4,8822

4,9786

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

0,0

20,0

9,09

11,11

0,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

83,33

66,67

80,0

90,91

100,0

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,67

66,67

20,0

9,09

11,11

16,67

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

67,11

51,9

49,32

12,7

16,36

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.