Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Constitucional
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Dar a coñecer os conceptos básicos do Dereito Público e Constitucional.
-Utilizar un enfoque realista, crítico e comparado que teña en conta a realidade europea, española e autonómica de hoxe.
-Explicar o sistema constitucional español, con especial incidencia nos contidos propios do Dereito Constitucional I.
-Explicar o sistema constitucional español cun enfoque aberto aos posibles cambios constitucionais europeos e españois.
.
-Proporcionar os instrumentos de razonabilidad oportunos para a comprensión do sistema público.
- Aportar materias de discusión sobre os órganos do Estado, a Constitución española e posíbles os cambios constitucionais.
-Aproximar ao alumnado a virtualidade explicativa da xurisprudencia constitucional.
- As Cortes Xerais: elección e organización
I A ELECCIÓN E COMPOSICIÓN DO CONGRESO E DO SENADO
II PARLAMENTARIOS INDIVIDUAIS E GRUPOS PARLAMENTARIOS
III ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO INTERNO DAS CORTES
- As Cortes Xerais e as fontes do Dereito
I A CONSTITUCIÓN COMO NORMA XURÍDICA SUPREMA
II O MONOPOLIO LEXISLATIVO DAS CORTES XERAIS
III EXCEPCIÓNS PARCIAIS Ao MONOPOLIO LEXISLATIVO DAS CORTES XERAIS
IV DEREITO DE TRATADOS
- O Goberno
I A COMPOSICIÓN DO GOBERNO E A POSICIÓN CONSTITUCIONAL DO SEU PRESIDENTE
II AS FUNCIÓNS DO GOBERNO
- As relacións entre as Cortes e o Goberno
I MECANISMOS DE EQUILIBRIO INTERORGÁNICO: A CUESTIÓN DE CONFIANZA, A MOCIÓN DE CENSURA E A DISOLUCIÓN
ANTICIPADA DAS CORTES.
II OS INSTRUMENTOS DE CONTROL
III OS ESTADOS EXCEPCIONAIS DO ARTIGO 116 CE: OS ESTADOS DE ALARMA, DE EXCEPCIÓN E DE SITIO
- O Poder Xudicial
I A NATUREZA CONSTITUCIONAL DO PODER XUDICIAL
II A ORGANIZACIÓN DA POTESTADE XURISDICIONAL
III O ESTATUTO CONSTITUCIONAL DOS ÓRGANOS DO PODER XUDICIAL
IV O CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL
BLANCO VALDÉS, Roberto L, La Constitución española de 1978, Alianza, Madrid, 2011.
PÉREZ ROYO, Javier, Curso de Derecho Constitucional, Marcial Pons, Madrid, última edición.
Competencias xerais:
a) Instrumentais: capacidade de comprensión, análise e síntese, capacidade de organización e planificación, capacidade de obtención e xestión da información, capacidade de resolución de problemas, capacidade de decisión, razoamento crítico, Compromiso ético e deontolóxico.
b) Interpersoais: traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar, capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional e recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade.
c) Sistémicas: aprendizaxe autónoma, adaptación a novas situacións, creatividade e liderado, iniciativa e espírito emprendedor, motivación pola calidade e a excelencia profesional, sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental e espírito de superación.
Competencias específicas:
Empregar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais; percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade; comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito; adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica; comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual; manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas; adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento; comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais; e adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnico, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
- A docencia expositiva e interactiva será presencial.
- A avaliación do alumnado levarase a cabo a través da realización dun exame final teórico, que suporá como mínimo un 80% da cualificación final, e da valoración da asistencia a seminarios e a realización de casos prácticos que porá supoñer ata un 20% da cualificación final, sempre que no exame se obtivese como mínimo un 4,5.
- Ao alumnado con exención de docencia encargaráselle un traballo que substituirá á valoración da asistencia a seminarios e a realización dos casos prácticos.
- En virtude da normativa de permanencia da USC só será evaluado o alumnado que se presente ao exame final.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, así como para os supostos de o uso indebido das tecnoloxías, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo do alumnado:
- Estudo individual ou en grupo 45 horas.
- Resolución de casos prácticos ou outros traballos 15 horas.
- Preparación de presentacións orais, lecturas recomendadas, debates e similares 7,5 horas.
Total de horas de traballo do alumnado 67,5 horas.
-Tomar notas das explicacións teóricas.
-Uso dos manuais de consulta recomendada.
-Estudo da lexislación constitucional pertinente e consulta da xurisprudencia relacionada co ámbito de estudo.
-Participación activa nos seminarios e clases interactivas e preocupación por aqueles temas de actualidade relacionada co sistema xurídico institucional que serán obxecto de debate e discusión.
- Os traballos e prácticas non presentadas en prazo e forma non serán obxecto de recuperación e non serán cualificados.
Roberto Luis Blanco Valdes
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Constitucional
- Teléfono
- 881814716
- Correo electrónico
- robertoluis.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Maria Gude Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Constitucional
- Teléfono
- 881814785
- Correo electrónico
- ana.gude [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Vicente Antonio Sanjurjo Rivo
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Constitucional
- Teléfono
- 881814773
- Correo electrónico
- va.sanjurjo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Begoña Lopez Portas
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Constitucional
- Teléfono
- 881814722
- Correo electrónico
- begonha.lopez.portas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 1 |
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 1 |
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
26.05.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
26.05.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |
30.06.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
30.06.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |